Plan Proxecta 2017-2018

COÑECEMOS A JUANITO E JUANITA

COÑECEMOS A JUANITO E JUANITA

Ainhoa presentounos a dous grandes compañeiros da súa vida, Juanito e Juanita.

Acompañáronnos gran parte da mañá e aprendimos a coidar deles.

VISITA DE VAINILLA

VISITA DE VAINILLA

Sabela tróuxonos á escola a súa mascota, Vainilla, un canario moi alegre.

 

Explicounos os coidados que precisa e algunha característica propia desta especie de paxaros.

VISITA MASCOTA SABELA

A nosa compañeira Sabela, tróuxonos ao cole ao seu paxaro Arco iris. Explicounos que coidados precisa: Alimentación, claridade, auga…etc. Todos gozamos da súa compañía e dos seus asubíos.

 

OS PEIXIÑOS DE LALO

O noso compañeiro trouxo ao cole a “Dori e Mandíbulas” os peixiños aos que coida cada día. Cambiámoslle a auga e démoslle de comer, despois estivemos buscando curiosidades dos peixes: non teñen párpados, respiran dentro da auga, teñen moi pouca memoria…etc.

CARNET DE VETERINARIOS

Como imos realizar unha visita a unha clínica veterinaria, cada neno/a realizou unha tarxeta de anotacións para levar a visita e anotar os datos máis relevantes.

 

QUE NOS PROPORCIONAN OS ANIMAIS

Observamos varios animais domésticos e falamos acerca dos productos que nos proporcionan: como ovos, leite, lá….Despois realizamos un traballo impreso onde tiñamos que relacionar, decorar, picar e escribir.

 

 

ESCRIBIMOS CON ANIMAIS

Cada neno/a escolle un animal doméstico  e intenta escribir o nome do mesmo con pinzas de letras ou con rotulador de pizarra.

 

ANIMAIS COAS NOSAS MANS

Entre todos os nenos/as escollemos un animal doméstico e un animal salvaxe: Can e flamenco. Despois intentamos realizar o seu corpo coa man de cada un dos alumnos/as e posteriormente  completamos as partes do seu corpo con palliñas, goma eva, limpapipas…etc.

 

MERENDA DE ANIMAIS

Cada neno/a trouxo varias froitas: Arándanos, fresas, plátano, pera, kiwi, mazá, mandarinas, laranxas, limóns…etc. Primeiro lavamos, cortamos e pelamos a froita e a continuación escollemos que animais queríamos realizar: león, cangrexo, tartaruga, peixe, coello, pavo real e ovella. Unha vez rematado realizamos unha merenda conxunta e saudable.

 

MERENDA DE ANIMAIS

Cada neno/a trouxo varias froitas: Arándanos, fresas, plátano, pera, kiwi, mazá, mandarinas, laranxas, limóns…etc. Primeiro lavamos, cortamos e pelamos a froita e a continuación escollemos que animais queríamos realizar: león, cangrexo, tartaruga, peixe, coello, pavo real e ovella. Unha vez rematado realizamos unha merenda conxunta e saudable.

 

Distribuir contido

Back to top