Plan Proxecta 2017-2018

CARETAS DE ENTROIDO

Cada alumno/a escolleu un animal: porco, pato, serpe…. Coloreou e recortou a súa careta; finalmente puxémoslle un depresor e levárona para a súa casa.

 

PUZZLE DE ANIMAIS

A GRANXA E A SELVA DA NOSA AULA

Con elementos naturais realizamos unha granxa e unha selva. A continuación cada neno/a colleu un animal do recuncho dos animais e clasificámolos segundo o lugar onde viven.  

PRESUMIMOS DE MASCOTAS

Varios alumnos/as da nosa aula trouxemos fotos ou debuxos coas nosas mascotas e aquí tedes unha mostra dalgúns deles…Temos tartarugas, cans, gatos, cobaias, peixes….e demáis!!!! O mais importante e que os debemos coidar moito.

 

DOMÉSTICOS E SALVAXES

Cada neno/a escolle libremente un animal, explican o motivo polo que lle gusta ese animal. Despois dunha conversa para saber que coidados necesitan, que nos aportan… decoramos os diferentes animais e como actividade final realizamos un mural na nosa aula.

 

 

ANIMAIS DOSMÉSTICOS E ROBÓTICA

En primeiro lugar comezamos falando dos animais domésticos e de cales son. Entre todos eleximos os que formarán parte da actividade. Unha vez elexido os animais, xogamos co noso rato. Os nenos teñen que determinar o número de pasos que ten que dar o rato para chegar a un animal determinado, programan o rato, que comeza a camiñar segundo a orde dada polo neno, cando para comproban se realmente o fixeron ben.

 

COMPLETAMOS UN ANIMAL

Tiñamos unha pequena parte dun gato e tiveron que seguir os puntiños para descubrir que o animal que tiñamos era un gato. Unha vez descuberto estivemos falando dos coidados que necesitan os gatos…que é o que máis lle gusta, o que menos…curiosidades….

 

 

PRESUMIMOS DE MASCOTA

Este ano no cole estamos traballando aos animais, có Plan Proxecta.

Unha das actividades que fixemos foi "presume da tua mascota", fixemos un mural coas fotos do alumnado coas súas mascotas.

Aqui tedes unha mostra dese mural.

Benvida Bruma

Presentámosvos  a Bruma, unha cadeliña que foi abandoada e decidimos coidar dela. É a protagonista dun comic viaxeiro que estamos creando entre as nosas aulas.

Polo de agora, nestes días de entroido, converteuse no noso Meco particular.

PROXECTA 17/18 PROTEXE OS ANIMAIS

Xa dende o mes de Novembro, comezamos co noso Proxecto de "Protexe os animais".

Con el, pretendemos que os rapaces ademáis de que coñezan aspectos básicos dos animáis, aprendan á importancia de coidalos e respetalos, crear conciencia para que tanto no presente coma no futuro sexan responsables coas súas mascotas e cos animais en xeral.

Distribuir contido

Back to top