Plan Proxecta 2017-2018

DETECTIVES

Hoxe convertémonos en detectives. Cada equipo ten que encontrar o maior número de tarxetas relacionadas coas responsabilidades que temos que ter se queremos ter unha mascota: darlle de comer, limpialos, sacalos a pasear, …

 

BINGO ANIMAIS

Realizamos diferentes bingos de animiais, a continación fixemos 4 equipos e xcogamos en grupo. Cada neno ía sacando un animal e os compañeiros/as comprobaban que estivera no seu taboleiro.

 

SIMETRÍAS

Tiñamos diferentes animais aos que lle faltaba unha mitade, cada neno/a por medio da imaxinación e creatividade crearon o animal completo

 

QUE NOS PROPORCIONAN OS ANIMAIS.

Inicialmente observamos e comentamos un novo libro de animais de granxa. Falamos acerca dos productos que nos proporcionan os animais. Vacas, porcos, galiñas, ovellas…. Unha vez comentados todos estos beneficios dos animais realizamos un traballo impreso.  

ESCOLLEMOS ANIMAL E INVESTIGAMOS.

Mediante bits identificamos diferentes animais de granxa e a continuación realizamos unha votación entre todos eles para escoller cal é o animal que máis nos gusta e comezar a facer unha investigación acerca do mesmo. O animal seleccionado foi o cabalo.

 

 

QUEN SON?

Xogamos a un xogo moi divertido chamado “quen son?”, para o que, por quendas, cada neno/a pon unha imaxe dun animal doméstico na súa fronte e debe adiviñar qué animal é facéndolle preguntas ó resto dos/as compañeiros/as. Pero o máis difícil é que os compañeiros soamente poden responder si ou non…pásamolo moi ben!

 

PRESENTAMOS A NOSA MASCOTA

NA ASAMBLEA CONTAMOS AO RESTO DE COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS CÓMO SON AS NOSAS MASCOTAS, NO CASO DE TELAS . ASÍ COMO OS COIDADOS QUE PRECISA.

 

A CONTINUACIÓN CADA UN COLOREA AO SEU CAN E DESCRÍBEO AO RESTO. NO CASO DE NON TER, IMAXINA COMO SERÍA O SEU SE LLE REGALARAN UN

.

 

CONVERTÍMONOS EN ANIMAIS

HOXE TEMOS VISITANTES EXTRAÑOS NA AULA. CONVERTÍMONOS EN ANIMAIS E CONTAMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS ALGUNHA CARACTERÍSTICA PROPIA DO ANIMAL QUE REPRESENTAMOS.

 

A CONTINUACIÓN  FACEMOS DISTINTAS CLASIFICACIÓNS: DOMÉSTICOS- SALVAXES, OVÍPAROS- VIVÍPAROS, HERVÍBOROS- CARNÍVOROS – OMNÍVOROS,  ACUÁTICOS- TERRESTRES,…

IDENTIFICACIÓN DE ANIMAIS DOMÉSTICOS

DESPOIS DE MANTER UNHA CONVERSA SOBRE QUÉ ANIMAIS COÑECÍAN E SE ERAN DOMÉSTICOS OU SALVAXES, PUXEMOS EN PRÁCTICA O APRENDIDO.

BUSCAMOS UNHA TARXETA DUN ANIMAL DOMÉSTICO E DESCRIBÍMOLO. A CONTINUACIÓN O RESTO GRUPO DEBÍA ADIVIÑAR QUÉ ANIMAL ERA.

 

AO DARLLE A VOLTA Á TARXETA, COMPROBÁBAMOS SE ACERTARAN.

DESFILE DE ENTROIDO

Como non podería ser doutra maneira, os animais foron os protagonistas dos nosos disfraces

Distribuir contido

Back to top