Plan Proxecta 2017-2018

MAQUETA DE 5C

DONACIÓN DE ANIMAIS

ANIMALIÑOS

A VIDA DE PI

CANCIÓNS ANIMAIS

Realizamos actividades de tocar cos instrumentos da aula,  movemento e baile as seguintes cancións relacionadas cos animais:

 

“O polo Pepe”, “Cha cha cha del cocodrilo”, “Para dormir a un elefante”, Audición “Los polluelos”  de  Modest Musorgski, Cuento musical “Sofía la vaca que amaba la música”, “Pobre Sofía”.

 

 

ESTATUAS DE ANIMAIS

Todo o alumnado baila ao ritmo da música cando para de soar a música deben quedar como estatuas pero coa forma do animal que previamente se dixo (por exemplo: rato, gato, poliño, can, paxaro…)

MOVÉMONOS COMO ANIMAIS

Os animais danos pé, para desprazarnos dun montón de formas: arrastrándonos, saltando, voando, trepando,…. Así que nos imos a convertir en todos os que se nos ocorran.

 

DESPARASITANDO

Como bos donos, un dos moitos coidados que temos que ter cos nosos animais é mantelos limpos. Hoxe as nosas mascotas están cheas de parásitos, rápido rápido!, imos a sacarllos todos.

 

 

VISITA DE SEPRONA

Coñecemos a unha das especialidades da Guardia Civil: SEPRONA ( O servicio de Protección da natureza ). Encargados de velar polos coidados dos animais e asegurarse das boas condicións nas que viven.

 

 

 

VISITAS PELUDAS

Tivemos a sorte de ter na aula de 3 anos A, unhos convidados moi especiais:  unha cadeliña: Luca, un paxariño: Vainilla e uns poliños case case recén nacidos, puidemos tocalos, darlles de comer e coñecer moitas cousas sobre os seus coidados. Moitas grazas familias.

Distribuir contido

Back to top