VISITA VETERINARIO "LOW COST"
Posted Abril 24th, 2018 by profe
Os nenos de 3 anos A, acudimos a facer unha visita a unha clínica veterinaria próxima ao noso centro. Explicáronnos moitas cousas sobre os animais: como lle fan radiografías, póñenlle vacinas, opéranos… e puidemos ver un gatiño que estaba en observación. Gustounos tanto a experiencia, que todos queriamos ser veterinarios, polo que creamos un recuncho na aula para poder xogar a ser veterinarios.
- %count lecturas