Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

O OUTONO

Imaxe de Monica

CASTAÑAS DA INDIA

Siguen chegando a escola cousiñas do outono que nos axudan a para coñecer un pouco máis a estación e o medio natural que nos rodea. Ademais permitenos realizar propostas de aprendizaxe relacionadas coas matemáticas (contamos, clasificamos, facemos series...) coa lectoescritura (vemos por que letra comeza, escribimos a palabra...) cos sentidos (tocamos, ulimos, observamos...) coa linguaxe artistica (estampamos, pintamos, creamos..). Mil e unha posibilidades!

 

 

 

Esta semana Sofi trouxonos unhas castañas que nunca víramos, CASTAÑAS DA INDIA, falounos delas (explicounos que non se podían comer, que eran máis redondiñas...) Observamos as diferencias dos ourizos e das castañas e limos no libro "Inventario das árbores" información sobre este castiñeiro.

Agora as temos nunha bandexa de observación.

Imaxe de Jacqueline

OUTUBRO

Neste mes de outubro tamén traballamos sobre o outono, aproveitando os elementos da natureza. Así, elaboramos uns cadros moi chulos con diferentes tipos de follas.

 

 

 

 

Paralelamente, comezamos un proxecto que elixiron libremente de entre diferentes temas que eles mesmos propuxeron como os coches, os animais da granxa, os castelos, os astronautas... Finalmente, o tema que máis votos obtivo foi o dos osos e estas son as cuestións que abordamos sobre o proxecto:

 

Imaxe de Monica

OUTONO

Durante os últimos días os peques trouxeron unha morea de follas de castiñeiro, carballo, nogal...: ulímos, tocamos, clasificamos, contamos, buscamos no "Inventario das árbores" (Editorial Kalandraka) a súa árbore coñecendo así as súas caracteristicas...

Con elas tamén fixemos un adorno para encher unha das nosas ventanas de cor outono. Tanto lles gustou a actividade e o chula que quedou a ventá que pediron facer máis para os outros cristais.

 

 

Imaxe de Monica

PODEMOS PECHAR UNHA PIÑA?

Esta semana atopámonos con esta proposta:

 

Primeiro observamos as piñas, vimos como estaban ( a maioría abertas), tocámoas, ulímoas...

Os que saben ler enseguida dixeron o que poñía o cartel e comezamos a falar sobre a pregunta:

-Noa: Con auga

-Zaida: Con auga

-Mónica: Por qué con auga?

-Zaida: Porque sí

-Noa: Porque hai un cubo con auga.

-Izan: Con pegamento

-Xabi: botamos a auga que hai no cubo (mentras a intenta pechar facendo forza coas mans).

Como solo podíamos empregar os elementos que tíñamos na alfombra botámoslle auga:

 

Deixei que experimentaran con elas (Noa dalle a volta a unha das piñas para mollala toda, Sofía fai o mesmo porque se non só se pechara por un lado...).

Esperamos un ratiño e observamos como o lado que está en contacto coa auga xa está un pouco cerrada pero decidimos esperar o día seguinte para comprobar se se pechaban de todo e esto foi o que nos atopamos:

 

As piñas completamente pechadas!!! 

Expliqueilles que as semillas das piñas (das que nacerán novas árbores) crecen no interior e son as escamas as encargadas de protexelas. Mentras éstas crecen, as escamas das piñas permanecen pechadas varios años. Cando están maduras e o día está seco a piña ábrese e deixa sair as semillas para que o vento as esparza. Os días chuviosos as escamas péchanse para que estas non caigan xa que a terra moi mollada non permitirá que creza.

Aproveitamos a actividade para buscar no álbum ilustrado "Inventario das árbores" a árbore que da as piñas que como moi ben dixeron Sofía, Noa e Manu chámase piñeiro. Limos cousiñas sobre el.

Abrirán as piñas fora da auga? Comprobarémolo esta semana!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut