Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Act. Complementarias

Imaxe de Jesus

Excursión á Casa do Queixo 2016

O 20 de xuño de 2016 como excursión de final de curso fumos á Casa do Queixo en Teixeiro.

Pasámolo moi ben, e aprendimos moito sobre os animais de granxa e o proceso de elaboración do queixo.

Foi un gran día de convivencia dos que vos deixo unhas pouquiñas fotos aquí.

 

Imaxe de Jesus

Festival de nadal 2015

Os nenos e as nenas das escolas do CRA Ponte da Pedra veñen de celebrar o festival de Nadal 2015, onde os pais, nais, así como toda familia puideron ver o esforzo que os mais cativos da casa fixeron.

Uns artistazos e artistazas!!!

Así mesmo tivemos unha visita moi ilusionante. As súas Maxestarde os Reis Magos de Oriente que nos trouxeron a todolos nenos e nenas un agasallo.

Por último dende o CRA Ponte da Pedra, mestres e alumnado compracenos desexarvos unhas moi boas festas e mellor aninovo!!!

 

 

Imaxe de Jesus

Día da non violencia de xénero

Onte, día 25 de novembro, día da non violencia de xénero, celebrámolo traballando a igualdade entre nenos e nenas con un contacontos multitudinario na Centro Social de Berdillo, onde grazas a Centro de Información da Muller de Carballo, todos os nenos e as nenas do CRA puideron escoitar o conto dun dragón e e unha princesa valente, e o dunha nena constructora de cabanas.

 

Imaxe de Jesus

Magosto 2015

Este venres 6 de novembro vimos de celebrar na escola de Cances o magosto.

Foi unha xornada festiva, na que xogamos a diferentes xogos e tomamos unha deliciosas castañas asadas polo noso amigo o castañeiro.

Como remate fin de festa, fíxose entrega dos premios do concurso on-line das cabazas de Samaín.

Por último, agradecer á asociación de veciños de Cances a cesión das súas instalación para a celebración desta festa.

 

 

 

Imaxe de Jesus

Excursión á Biblioteca Municipal Rego da Balsa

O 22 e 23 de outubro todos os alumnos e alumnas do CRA Ponte da Pedra fixemos unha visita guiada á Biblioteca Municipal Rego da Balsa, onde puidemos ver as súas amplas instalacións e os diferentes espazos tanto para adultos como para nenos e nenas.

Alí desfrutamos coas magnificas bibliotecarias dos diferentes recunchos da biblioteca e do seu amplo catálogo de contos, así como dun pequeno e fermoso contacontos.

Como podedes ver nas seguintes fotos, os nenos e nenas desfrutárono moito e seguro que quedaron con ganas de volver moitas máis veces.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut