Este venres 6 de novembro vimos de celebrar na escola de Cances o magosto.
Foi unha xornada festiva, na que xogamos a diferentes xogos e tomamos unha deliciosas castañas asadas polo noso amigo o castañeiro.
Como remate fin de festa, fíxose entrega dos premios do concurso on-line das cabazas de Samaín.
Por último, agradecer á asociación de veciños de Cances a cesión das súas instalación para a celebración desta festa.