Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Común

Imaxe de Jesus

Semana do libro

Un ano mais fomos convidados polo Excmo. Concello de Carballo a celebrar con eles a semana do libro no Pazo da cultura coa exposición dos traballos dos diferentes centros educativos de Carballo, así como a unha obra de teatro do grupo Baoba.

Así mesmo visitamos a biblioteca que se atopa no Pazo.

Foi un dia magnífico e que os nenos e nenas disfrutaron sobremaneira.

 

Imaxe de Pili

RECURSOS PARA TRABALLAR

Este ano estamos a traballar, algúns mestres do CRA, nun Grupo de Traballo sobre as Ferramentas 2.0. Entre as actividades fixemos esta recopilación de enlaces e actividades para traballar os contidos dunha maneira lúdica utilizando o ordenador.

Imaxe de Beatriz

CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA

Os nenos de Artes e de outras escolas mais aprenderon unha poesía en inglés para celebrar o día da poesía e mais o día do pai.Esperamos que vos guste. Teñen moito mérito xa que non era curta, pero o fixeron todos moi ben. Feliz día da poesía!!

Tamen nas escolas de infantil aprenderon outra poesía moi bonita, tamén en inglés, que fala das cores. Qué listiños e qué ben falan en inglés!! Aquí tedes aos nenos de Berdillo. Vivan as poesías!!

Imaxe de Jesus

Entroido 2014 en Cances

Este entroido os nenos e nenas de Cances convidarón aos nenos e neas de Sísamo e Xoane a celebrar o entroido na súa escola.

Aproveitando este evento solicitámoslle as magníficas instalacións da asociación de veciños San Campio de Cances, aos cales lles agradecemos a deferencia que sempre teñen co CRA Ponte da Pedra.

Á nosa chegada, a ANPA a Carballeira tiñanos preparada unha sorpresa, a visita de María Canosa, a cal contounos os peixes que viven no seu <<Acuario>>.

Unha vez rematado degustamos as excelecias culinarias de entroido coas que agasallaron os nenos e nenas maiores de Cances, Sísamo e Xoane ao nenos e nenas máis pequenos, orellas, rosqillas, fillos, bisoito, ...,  todo elo regado con zumes de froitas.

Para rematar a festa, a climatoloxía respetounos e puidemos disfrutar do extenso patio de Cances.

Os vellos do lugar disque había moito tempo que non vian tanta rapazada xunta na lugar.

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut