Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de teresa

TALLER PARA O FESTIVAL DE NADAL

O martes pola tarde tivemos un taller para confeccionar o atrezzo do festival de Nadal que celebraremos no Pazo da Cultura o vindeiro venres 20 de decembro.

Moitas gracias pola colaboración de todas as familias nesta actividade.

Imaxe de teresa

A VOLTAS CO PROXECTO

Ao longo destas semanas estivemos avanzando no traballo sobre o proxecto da neve. Ademais de recoller e escribir a información dos libros que falan do tema, estivemos experimentando coa neve e as súas versións.

Aproveitamos nos días anteriores a observar detidamente o noso contorno: houbo días que sarabiou cando o tempo foi moi chuvioso ou días que xeou cando o tempo foi máis seco e as temperaturas baixas. Non é neve, pero si o máis parecido que podemos atopar na nosa localidade.

Noutra xornada pintamos con xeo de cores que adubaron con colorante alimentario; no que crearon as súas cores a través de mesturas.

Esta semana experimentamos cos tres estados da auga. Levamos xeo á aula, tocámolo e falamos das sensacións que nos producía. Falamos do proceso de transformación pensando en que elementos do contorno se deben modificar para que a transformación sexa posible. Cadaquén deu o seu parecer e todas as respostas tiveron cabida.

Aquí tedes as imaxes da sesión.

 

 

 

 

 

Para rematar, todas e todos xogaron co xeo e a auga.

Imaxe de AnaFernandez

COÑECEMOS O NOSO CORPO

Esta semana fixemos moitos xogos para coñecer un pouco mellor o noso corpo, puzzles do corpo e esquelete, composición de caras, imitamos diferentes posturas, pintámonos cos ollos tapados, debuxamos a un compañeiro, construimos siluetas, recorridos soprando, identificamos as partes do corpo...

Imaxe de teresa

MERENDA TERRORÍFICA

 

MERENDA DE SAMAÍN

Este martes, en Sísamo, tivemos taller de cociña na que preparamos unha merenda propia do Samaín. Houbo pantasmas, tumbas, cadaleitos, lápidas e para beber sangue...

Todo isto foi posible á colaboración de Verónica, nai de Leo e Noa. O noso agradecemento polo seu traballo, implicación na actividade e  por proporcionarnos esta merenda tan deliciosa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

CADELAR

Esta semana tivemos a visita dalguén moi especial: un can guía chamado Baloo.

Este programa ten como finalidade concienciar sobre os atrancos do alumnado con diversidade funcional; sensibilizarnos sobre a pluralidade e promover actitudes de respecto, solidariedade e tolerancia.

Foi unha experiencia moi enriquecedora!!!

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut