Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Educación Física

Imaxe de MarVaamonde

Escribimos co corpo

 

A aportación dende a área de Educación Física para a revista escolar O Galopín foi a formación de letras e palabras cos nosos corpos. Aquí tendes o resultado final co nome das sete escolas do CRA Ponte da Pedra. Se queredes ver as imaxes máis de cerca podedes descargar o arquivo en pdf:  DESCARGAR

Escribimos co corpo
Imaxe de MarVaamonde

A importancia da Educación Física

Ao longo das últimas décadas a sociedade foi experimentado importantes cambios na forma de entender a Educación Física e a súa contribución á formación dos cidadáns.

Na actualidade, esta área demándase coma unha necesidade do ser humano, que colabora xunto coas demáis áreas á consecución das capacidades que cotribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida, e así o establece a lexislación actual (Decreto 130/2007 polo que se establece o currículo de Educación Primaria en Galicia). Nenos xogando cun paracaidas na clase de educación física.

A través da Programación Didáctica de Educación Física, pretendemos desenvolver as capacidades e habilidades instrumentais que perfeccionan e aumentan as posibilidades de movemento dos alumnos/as, profundizar no coñecemento da conducta motriz como organización significante do comportamento humano e asumir actitudes, valores e normas con referencia ao corpo e á conducta motriz.

É esencial prestar atención ás capacidades que, relacionadas co corpo e a súa actividade motriz, contribuen ao equilibrio persoal, a posibilidade de interrelación cos demáis e á utilización creativa do tempo de ocio, contribuindo así mesmo á conservación e mellora da saude e calidade de vida. Deste xeito, a Educación Física é o fío conductor que posibilita o desenrolo das aptitudes e capacidades físico, psíquico e sociomotrices do alumnado. Noso corpo é o vínculo de relación co entorno que nos rodea e co resto das persoas coas que convivimos. Unha actividade física axeitada permitirá un desenvolvemento completo e armónico do noso corpo.

A Educación Física ben impartida permitirá controlar actitudes de competencia desmedida ou de agresividade, encauzándoas hacia actitudes de tolerancia, colaboración, respecto, amizade... Posibilitará que os alumnos/as aprendan a respetar e valorar as normas elementais de convivencia dentro dunha sociedade organizada que acepta e potencia as diferencias e a colaboración mutua.

Distribuir contido


by Dr. Radut