Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Educación Física

Imaxe de AnaFernandez

ENTROIDO EN EDUCACIÓN FÍSICA

 
A semana do entroido, ademais de seguir os mandados do Meco, fixemos moitos xogos de entroido en educación física: a pilla superhéroe, bailando cos indios, imitacións de disfraces, carreiras de caretas,...
O pasamos moi, moi ben, rimos moitísimo e bailamos sen parar ao son da música.
Imaxe de AnaFernandez

XOGOS COOPERATIVOS

 
Esta semana celebrábamos o día da Paz, e ainda que todos os días deben ser de paz aproveitamos as clases de educación física para facer xogos cooperativos con globos e con paracaidas. Nestes xogos os nenos e nenas tiñan que colaborar cos compañeiros e compañeiras e axudarse en todo momento. O pasamos xenial, non paramos de rir e aprender moitas cousas. No video podedes ver o ben que o pasamos!!
Imaxe de AnaFernandez

OS CINCO XOGOS

Fai unhas semanas preparamos cinco xogos diferentes: zancos, xiros, equilibrio e salto, túneles e cabaliños. Os nenos e nenas elexían onde querían xogar e podían cambiar de xogo cando lles apetecía. Ao final todos pasaron por os diferentes xogos, colaboraron cos compañeiros e compañeiras e implicáronse moitísimo. Que ben o pasaron!!
Imaxe de AnaFernandez

CIRCUITOS

Un dos xogos que mais lles gustan aos nenos e nenas son os circuitos motrices onde saltan, rodan, fan equilibrio, reptan,... Traballan moitisimo, esfórzanse un montón e o pasan super ben.
Imaxe de AnaFernandez

XOGOS DE OUTONO

Fixemos xogos de outono con follas, castañas, pinas, landras,... construimos mandalas, recollimos froitos variados, sopramos,... o pasamos moi ben!

Distribuir contido


by Dr. Radut