Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

NADAL

Imaxe de Jacqueline

VOLTA DO NADAL

Ola familias!

Desde a escola de Mirón queremos compartir con vós algunhas imaxes da sorpresa que levamos cando volvimos ao cole despois do Nadal. Papá Noel e os Reis Magos, coa axuda do elfo Finch, deixáronnos un montón de agasallos.

Estamos disfrutando moito destes novos xoguetes.

Moitas grazas!

 

 

 

Imaxe de Monica

XA ESTÁ AQUÍ, XA CHEGOU O NADAL!!!

A semana pasada atopamos na aula un calendario de adviento. Axudarános a contar os días que faltan para que chegue nadal e ademáis daranos algunha que outra sorpresa.

Cada día o encargado busca o número e colle de dento do sobre  a tarxeta que os maiores "len" aos seus compis. Volvemos a colocar o sobre na árbore (do revés) co número escondido para saber que días xa pasaron e así poder contar os que faltan.

Esta semana:

- Cantamos e bailamos "Rodolfo, el reno".

-"Abrazo conxunto".

- "Globos".

Que sorpresas terá a próxima semana para nós?

Ademáis, algunha das propostas de aprendizaxe xa están relacionadas co tempo de nadal que tanto motiva e gusta aos peques. 

Imaxe de Emilia

CHEGOU O NADAL!

Chegou decembro e achegase o Nadal, en Xoane xa nos estivemos preparando. Buscamos os adornos, contámolos, clasificámolos e puxémonos mans a obra. Tamén incorporamos o noso calendario uns paquetiños con agasallos que ordeamos para poder facer unha conta atrás. Por último, cambiamoslle as luces o rincón de lectura para que estivese preparado para a ocasión. Quedounos moi chusquiño!

 

 

                

Distribuir contido


by Dr. Radut