Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Rega

Imaxe de Lourdes

A AVOA DE YAGO EXPLICANOS O SEU TRABALLO

Durantes estas semanas, en Rega, estamos traballando o tema da familia e as profesións. Invitamos ás nosas familias a vir visitarnos e contarnos en que traballan. A avoa de Yago F. é agricultura, ten unha horta, invernadeiros, animais... Unha mañá veu á escola e explicounos moitas cousas interesantes sobre como plantar, o traballo que da cuidar os animais, ¡case nunca pode ter vacacións! Na foto que vos deixamos podedes ver algunhas das ferramentas que emprega e tamén o semilleiro que nos deixou na aula para ver se nos nacen leitugas.

 

Imaxe de Lourdes

IMOS DE EXCURSIÓN A BUÑO

¡Canto nos gustan as excursións! Nesta ocasión fomos a Buño, visitamos un Museo de Oleria, descubrimos como eran as casas dos oleiros, admiramos as pezas que venden, vimos como as fan e para rematar nos mesmos experimentamos co barro! Pasamolo moi ben. Na galeria, na sección de Festas e excursions podedes ver mais fotos

Imaxe de Lourdes

SAMAIN

O venres pasado celebramos a nosa primeira festa na escola. ¡¡ Foi de medo!!! Decoramos a entrada, alguns disfrazamonos de bruxas, pantasmas, demos... limos adiñas mounstruosas, apagamos as luces... e comezou a festa! Aqui vos deixamos unha foto. Grazas por traer tantas cabazas, algunhas moi orixinales!

Imaxe de Lourdes

CURSO 2010-2011

Aqui estamos de novo. Este ano somos uns poucos máis!! Benvidos os nenos e nenas de 3 anos: David, Alberto, Agustín, Noelia, Sergio, Nerea e Daniela. Xa están ben integrados no cole e preparados para moitas aventuras. Pronto vos contaremos mais cousas

 

 

 

Imaxe de MarVaamonde

E Rega convertiu a Artes en...

-

Distribuir contido


by Dr. Radut