Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Rega

Imaxe de Lourdes

Papa Noel en Rega

O Nadal xa está aqui e con el chega Papá Noel, que hoxe estivo na nosa escola e deixounos uns pequenos agasallos. Que emoción! Aqui vos deixamos algunha fotos

https://www.gstatic.com/pwa/s/v/lighthousefe_139.02/transparent_album_ba...) no-repeat left;" align="center">
Nadal en Rega
Imaxe de Lourdes

REGA: SAIMOS A POR CASTAÑAS PARA O MAGOSTO

Ola!! Hoxe, aproveitando o bo tempo, saimos polos alrededores da escola a visitar o bosque en outono e a recoller castañas para o magosto. Observamos as arbores: eucaliptos, piñeiros, carballos, castiñeiros, cogumelos, fieitas, toxos... e ata vimos un panal de abellas e outra leira de millo!! Para rematar, quedamos un anaco en silencio para escoitar os sons da natureza: o vento, as polas movendose, algun paxaro, tractores... E, por certo, enchemos a cesta enteira de castañas! Grazas a Mónica por acompañarnos e sacarnos as fotos!

 

Imaxe de Lourdes

REGA: A AULA DO MILLO

¡¡BENVIDOS AO NOVO CURSO!! Presentamovos ao novo grupo da escola da Rega, temos 6 amigos novos: Marta, Noa, Irene, Suso, Lara e Lucas. Este ano no CRA imos traballar o tema das PLANTAS, AGRICULTURA, etc. Nós decidimos chamarnos a escola do MILLO, pois estamos rodeados deste cereal. Gustavos a nosa foto? Grazas ao pai de Paula que veu sacala!

 

 

 

 

Imaxe de Anónimo

GARAVANCIÑO

Estes días estivemos a traballar o conto clásico, Garavanciño. Aproveitamos que hoxe é o día do libro para ensinarvos a nosa produción como ilustradores.

Imaxe de Lourdes

CIRCUITO EN REGA

Hoxe na escola organizamos un circuito como colofón ao tema da educación vial. ¡Que ben o pasamos! E como aprendimos moito e demostramos coñecer as normas de educación vial e os sinais de tráfico, levamos un carnet de conducir para nosa casa!

PINCHADE ABAIXO PARA VER AS FOTOS

https://plus.google.com/photos/106095418359834862080/albums/586789960558...

Distribuir contido


by Dr. Radut