Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Gratuidade solidaria: Curso 2012/2013

Imaxe de Jesus

Gratuidade Solidaria

 

Ao longo desta semana xa se poderan recoller as solicitudes para acollerse ao programa "Gratuidade Solidaria" nas escolas, na sede do CRA ou cubrilas xa en internet (PDF).
 
Podedes atopar toda a información da gratuidade de libros para o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CRA na seguinte ligazón:
 

http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

Máis información.

Documentación

a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. (de ser o caso Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.)
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse do Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa

Requisitos

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2012/2013, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.

Lugar de presentación.

As solicitudes, segundo o anexo I á orde de convocatoria, entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.

*** Aqueles nenos/as que se matriculen nos centros adscritos, terán que entregala xunto a documentación nos centros adscritos (CEIP FOGAR, CEIP BERGANTIÑOS), unha vez realicen a formalización da matricula entre o 20 e o 30 de Xuño.

Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, deberá presentar unha solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.

As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda, con independencia de que puidera estar escolarizado en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2012/2013.

Prazo de presentación.

O prazo de presentación de instancias será o seguinte:

a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2012, ambos inclusive.



page | by Dr. Radut