Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

PROXECTO AS MONTAÑAS: AS CAPAS DA TERRA

Imaxe de teresa

 

UN MISTERIO NA AULA

 

 

No día de hoxe, na aula, apareceu un maletín que ninguén sabía de onde saira. Despois de formular diferentes hipóteses, decidimos abrilo. No seu interior, apareceron varios elementos cunha finalidade que descoñecida. Estas pezas eran: un libro, unha pedra e uns anacos de plastilina en varias cores. Ademais, de todo isto, había unha nota na que se presentaba a curiosa personaxe que nos trouxo todo: o trasno Német que vive nun monte cercano á escola e que nós pensamos que é o monte Neme.

 

O globo terráqueo foi outra donación que o trasno Német nos achegou á aula para o estudo das montañas e da terra.

Con todo aquel material descubrimos como son as partes do planeta no que vivimos. Coa plastilina, fixemos as capas da Terra: primeiro, preparamos o núcleo, estiramos unha capa para simular o núcleo externo. Seguidamente estiramos a que sería o manto que envolvería o núcleo e rematamos facendo a corteza co seu mar e uns sucedáneos de continentes.

Un pequeno resumo en imaxes:

 

 

  

 

 



blog | by Dr. Radut