CORPOREANDO...
O CORPO
Ao longo deste mes estivemos traballando o corpo, as súas partes principais, articulacións, órganos,... Para iso servímonos de diversos recursos como cancións e bailes, arte (pintura, escultura,...)
No día de hoxe utilizamos para traballar o corpo a escultura do David de Michelangelo. Vimos a imaxe e respostamos a diversas preguntas:
- por que está espido?
- será pequena a estatua ou grande?
- que mira?
As respostas foron diversas e variadas.
Está espido porque:
- Non lle puxeron roupa.
- porque era o seu fogar.
É grande ou pequeno:
- É grande porque está enriba dun tronco.
- É grande como un elefante.
Que está mirando:
- caca.
- a outra escultura parecida á que hai en Carballo.
- o teito porque hai moscas.
- unha parede.
- un espello.
- unha bicicleta.
-...
Para saber canto medía achegamos o dato da súa altura (sen o basamento)
4'10m. Entón medimos canto era esa distancia e se collería de pé no interior da escola. Logo comparamos as nosas alturas coas da estatua.
Este foi o resultado.
Algunha das cancións que cantamos relacionadas co corpo son:
- partes da cara: Este olliño pimpilín.
https://orellapendella.gal/?s=este+olli%C3%B1o+pimpilin&post_type=post
- partes do corpo: Arriba está a cabeza...
https://www.youtube.com/watch?v=mVR73kODnWE
CONTINUARÁ...
COMENTARIOS
hai 3 anos 29 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 6 anos 13 semanas