Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Panadaría 2016

Imaxe de Jesus

Os alumnos e alumnas do Colexio Rural Agrupado visitamos os días 21, 22, 28,  e 29 a panadaría Añon Barís en Rus (Carballo), na que desenvolveron un obradoiro de panadaría e aprenderán o proceso de fabricación do pan.

Así mesmo, o día 29 como agradecemento á panadaría Añón e aos seus traballadores, fixémoslle entrega dun diploma acreditativo pola súa colaboración na formación do alumnado do CRA Ponte da Pedra e as sete escolas que o conforman (Artes, Berdillo, Cances, Mirón, Rega, Sísamo, Xoane)

Pasámolo xenial, e aprendemos moitíiiiiiisimo. No seguinte enlace podedes ver algunhas fotos da visita.

Por último reiterar o noso agradecemento á panadaría Añon e aos seus traballadores pola súa desinteresada atención.

 



blog | by Dr. Radut