Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Libros de texto

Información sobre gratuidade, bolsas, listado de libros de texto, etc
Imaxe de Jesus

Aberto o prazo para solicitar as axudas de estudos para alumnado de Educación Infantil. (2016/17)

NOTA INFORMATIVA

ENTREGA DE SOLICITUDES: ATÉ O 24 DE SETEMBRO (INCLUSIVE)

Aberto o prazo para solicitar as axudas de estudos para alumnado de Educación Infantil.

O Concello de Carballo informa de que estará aberto dende o 8 de setembro e até o día 24 do mesmo mes o prazo para presentar as solicitudes das Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e do Conservatorio Profesional de Música de Carballo para o Curso 2016-2017. As solicitudes para concorrer a esta convocatoria deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, preferentemente no Rexistro do Pazo da Cultura (1º andar, rúa do Pan, s/n).

 

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello (preferentemente no do Pazo da Cultura) de 10.00 a 13.00 horas

Imaxe de Jesus

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

PUBLICADO NO DOG Nº92 DO 6 DE MAIO DE 2016 A ORDE DO 27 DE ABRIL DE 2016

QUE REGULA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E SE CONVOCAN AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E EDUCACIÓN ESPECIAL EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS  CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ESCOLAR 2016-2017.

Mais información no seguinte documento

SOLICITUDE

Imaxe de Jesus

Novo prazo solicitude de axudas para adquisición de material escolar

A Consellería de Educación ven de publicarse a Orde do 06 de novembro (DOG 10 de novembro) de axuda para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16, que abre un novo prazo para aqueles pais/nais que non solicitaron as axudas para a adquisición de material escolar no curso 2015-16

Requisitos:
Son os mesmos da anterior convocatoria (ter unha renda per cápita inferior a 5.400 €, que o alumno estea matriculado no centro e non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario)

Contía das axudas: 50 € por alumno/a

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de novembro de 2015.

Máis información no DOG do 10 de novembro de 2015

Aqueles solicitantes aos que xa lles foi concedida a axuda non poden volver a solicitar á mesma

Imaxe de Jesus

ABERTO PRAZO PARA SOLICITAR "AXUDAS DE ESTUDOS PARA ALUMNADO DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL E DE CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE CARBALLO". Curso 2015-2016

LUGAR DE ENTREGA DAS SOLICITUDES: Rexistro Xeral do Concello de Carballo e preferentemente no Rexistro existente no Pazo da Cultura (Rúa do Pan, s/n) –Tfn.: 981 704 300

 

PRAZO DE ENTREGA DAS SOLICITUDES: DO 12 AO 29 DE SETEMBRO

 

O excelentísimo Concello de Carballo co obxecto de axudar a a afrontar os gastos derivados da escolarización dos seus fillos/as, o Concello de Carballo convoca as "Axudas e Bolsas de Estudos e Transporte e de Conservatorio" que se dirixen ao alumnado de Segundo Ciclo de Educación Infantil, Bacharelato ou Ciclos Formativos de Grao Medio ou Superior, Estudos Universitarios de Grao Medio ou Superior e Grao Elemental e Profesional do Conservatorio Profesional de Música de Carballo.

- Bases da solicitude

- Solicitude

Distribuir contido


by Dr. Radut