Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Blogues

Imaxe de isabel

FESTA DOS CUMPLES

O pasado 29 de marzo os nenos e nenas da escola de Sísamo que estivemos de cumpreanos ó longo do 2º trimestre, celebramos a nosa festa. O tempo acompañounos e puidemos celebrar a festa fóra. A merendola consistiu nuns deliciosos churros con chocolate. Gracias ós anfitrións.

 


Imaxe de Lourdes

O ESPANTALLO PETETE E A HORTA DE REGA

Hai uns días comezamos a nosa plantación de Rega. Gracias as mamás e avoas que viñeron axudarnos (e a un pai que nos botou boa terra), temos unha boa horta no noso patio. Canto traballamos, hai de todo: patacas, fabas, xudias, acelgas, leitugas, cenorias, xirasoles... E o noso vixiante: o espantallo Petete, que vixía dia e noite para que non veñan os paxaros!

Aqui vos deixamos unha reportaxe de todo!

Imaxe de Lourdes

NOVO AREEIRO EN REGA

Gracias, de novo ao concello de Carballo (que enviou a area) e as familias (que colocaron as madeiras), temos en Rega un novo areeiro, resguardado da chuvia e do sol. Canto xogamos nel!! MOITISIMAS GRAZAS A TODOS OS QUE O FIXESTES POSIBLE.

 

 

Imaxe de Jesus

Traballando na horta de Sísamo

Grazas aos nenos e nenas de Sísamo temos unha pequena hortiña con leitugas, chicharos e incluso flores, que podedes ver no seguinte video.

Imaxe de Aurora

Os gatiños xa teñen horta

Despois de moitas voltas, ao fin poidemos sementar a nosa hortiña. Témoslle que dar as grazas a todas as familias de Cances, pola súa colaboración, GRAZAS A TODAS E TODOS!!!!!!!!!!!

Xa dentro de pouco teremos leitugas, chícharos, patacas, fresas.....en fin como para encher a neveira, toda unha comilona!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 

Moitos bicos...

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut