Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Berdillo

Imaxe de Monica

CUMPLE ÁLEX

O domingo Álex cumpliu 6 anos e hoxe celebrámolo na escola: preparamos o agasallo, Álex decorou a súa corona e  deu as seis voltas ao redor do sol. Como non, cantámoslle o cumpleanos feliz mentras que sopraba a vela.

FELICIDADES PITUFO!! 

Imaxe de Monica

CONSTRUINDO CON PLÁSTICOS

Durante dúas semanas estivemos gardando todo o plástico que consumimos nas merendas. O obxectivo foi ver a cantidade desta materia que empregamos a diario e que en moitos casos non é necesario sabendo o perxudicial que é para a nosa contorna polo tempo que tarda en degradarse.

Pasados os quince días fixemos unha asemblea na que observamos a cantidade de plástico consumido, abordamos medidas para reducir e incluso deixalo de empregar.

Rematamos esta actividade de concienciación construíndo cos plasticos... Creatividade, imaxinación, concienciación ambiental...

EQUIPO VERDE: "O CASTELO"(ZAIDA, MARÍA, NICO, LUCIA C.)

"Construímos un castelo, unha casa onde facían a comida os que vivían no castelo. Por fora, hai unha carretera, contenedores para reciclar e tres piscinas"

 

EQUIPO AMARELO: "MUNDO YOGURT HECHO DE CHUCHES" (XABI, MARIO, IZAN, MANU E LUCÍA R.)

"Fixemos unha torre, dúas piscinas, un campo de fútbol, unha carretera onde hai contenedores para reciclar, un mar limpo. Tamén hai no mundo un castelo de soldados con dúas torres, a casa dos perros e un vixilante para todo o mundo para que non entren a roubar. Aquí hai un charco de barro porque choveu"

EQUIPO VERMELLO "FARO CON MAR DE PLÁSTICO" (ÁLEX, SABELA, XIAN E AROA)

"Este faro é unha torre que ten unha luz arriba para os barcos. Todo está rodeado de mar de plásticos"

EQUIPO AZUL "CIDADE" (MARTA, ALBA, NOA E SOFÍA)

"Hai unha papeleira e un home que vai a deixar a basura á papeleira. Estas son montañas que hai na cidade e dúas piscinas. Tamén ten parque para cans con árbores e un río. Dentro dos contenedores da basura hai plásticos"


Imaxe de Monica

PROPOSTAS APRENDIZAXE

Seguimos traballando coas propostas de aprendizaxe autonomamente e con atención individualizada o nos permite ir adquirindo novos coñecementos.

Aquí tedes un pequeno resumo das novas propostas:

 


Imaxe de Monica

PATIOS ACTIVOS

Hoxe estreamos xogos novos no patio: lorchas, pedal e o burro!

Xogos artesanais, naturais e de calidade, baseados no tradicional que favorecen a socialización, a aprendizaxe e o xogo libre.

 

Imaxe de Monica

PROGRAMA DE CONSUMO DE FROITA

Esta semana comezamos co programa de alimentación saudable (consumo de foritas) que nos permitirá traballar máis contidos durante o momento do picoteo: destrezas, hábitos e autonomía. Son eles os responsables de preparar a merenda, uns lavaron a froita, outros cortárona e por último tivemos o grupo encargado de repartirlla aos compañeiros.

QUE MARABILLA DE NENOS!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut