Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Berdillo

Imaxe de maria

O Gran Traxe.

O pasado día 21 fomos o Pazo da Cultura de Carballo a ver a obra de teatro "El Gran Traje". Era a historia dunha nena que xunto coa súa familia, o seu can e o súa gata vivían nun traxe xigante cheo de petos e dobradiños. Podedes ver fotos da obra na Galería de fotos no recuncho de Celebracións e excursións.

 

Imaxe de maria

Poemas con piruleta.

Con motivo das Letras Galegas, estivemos traballando un libro da Editorial Galaxia titulado Poemas con piruleta. Nel encontramos un poema que nos gustou moito porque fala das letras que estamos traballando os pequenos de 3 e 4:as vogais.

 

 A maxia das vogais e sensacional:coa a berro xa!, coa e tomo té, coa i digo síí, coa o son moi bo, coa u movo o cu. E eu como son un bebé xigante a maxia das consoantes a deixo para máis adiante.

Aquí vola deixamos, ¡ Nós xa o sabemos de memoria!.

Imaxe de maria

A nosa horta.

Na nosa escola fixemos unha horta no xardín . Nela prantamos leitugas, cebollino, tomates e pementos. Os maiores sacharon a terra e nós turnamosnos para prantar, sementar e regar. Poñémonos perdidos de terra pero, a ver se damos comido unha ensalada antes de fin de curso!. Xa vos contaremos. 

 

Imaxe de maria

Metidos de cheo nos contos.

Os nenos e nenas de Berdillo estamos preparando o noso disfraz para a festa do Entroido. Cada escola vai dun conto, e sabedes de que imos nós?: ai ho, ai ho!!!...sííí, de "Brancaneves e os 18 ananiños". Temos moito traballo: preparar traxes, cintos, gorros... pero o estamos pasando moi moi ben. Esperamos poder ensinar pronto o noso disfraz rematado.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut