Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Berdillo

Imaxe de Monica

DIARIO DE AULA

E na escola non paramos... 

* Descubrindo xogos de mesa: dominó, dobble, brain box (de los pequeniñes)... Todos moi interesantes para estas idades.

 

*De onde sae o algodón? As súas premisas iniciais: da ovella, da fábrica, do super...

DUNHA PLANTA! 

 

*Elaboramos unha lista de roupa de inverno: por turnos cada neno/a pensaba nunha prenda e saía a pizarra a escribila (respetando o nivel de cada pequeno/a: houbo palabras completas, raias, circulos, algunas palabras que lles faltaban letras...)

* Sesión de relaxación: tantos días sen poder sair ao patio tíñanos un pouco nerviosos e alterados...

Imaxe de Monica

PROPOSTAS DE APRENDIZAXE

Aquí estamos traballando autonomamente nas propostas (ou "os xogos" como eles lles chaman): creatividade, coordinación oculo-manual, lóxica, gama cromática, imaxinación, trazo, motricidade fina, vida práctica, coñecemento do entorno, atención, seriación, clasificación...


Imaxe de Monica

ANTON, O BIBLIOTECARIO

Sabe chegou esta semana co primeiro buratiño na súa boca. Antón tiña preparado un agasallo para ela, o minilibro "Un agasallo diferente".

Imaxe de Monica

EXPERIMENTO: NEVE

Tres vasos de bicarbonato e un de auga, mezclamos e... NEVE!!! 

 

 

Na mesa de experimentación/trasvase faremos distintas actividades con ela.

Imaxe de Monica

MANU

E xa van 5 voltas da terra arredor do sol desde que Manu naceu. Onte celebramos o seu cumple onde explicou moi ben acontecementos importantes da súa vida: primeiro día de vida, nacemento da súa irmá, primeiro día de cole, cando se cortou o pelo el só...

MOITAS FELICIDADES PIRULO!!


Distribuir contido


by Dr. Radut