Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artigos

Imaxe de AnaFernandez

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS



O xoves 16 de maio celebramos todo o alumnado e profesorado do CRA no local social de Verdillo o festival das Letras Galegas adicadas este ano a Antonio Fraguas .

Pasamos unha maña estupenda de convivencia!!

Primeiro bailamos e cantamos ao ritmo de Pablo Díaz, despois merendamos chocolate con churros que estaba boísimo e para rematar fixemos xogos populares e tradicionais divertidísimos como carreiras de chapas e de sacos, saltamos á corda, andivemos nos zancos, no pedal e nas lorchas, derribamos os bolos, construimos torres de mazorcas de millo e pinzas, afinamos a nosa puntería no xogo do burro, saltamos á chapa,...

Todos e todas gozamos moitísimo e o pasamos xenial!!!

Imaxe de Jesus

Festival Letras Galegas 2019

Imaxe de AnaFernandez

SEMANA DO LIBRO

Durante a semana do libro as familias visitáronnos para contarnos un conto na aula. Foi unha experiencia moi linda para todos e todas e o pasamos moi ben, unha experiencia diferente e moi enriquecedora. Grazas familias!!

Ademais, durante todo o mes, na hora do patio sacamos libros creando un espazo de lectura ao aire libre, diferente e motivador para os nenos e nenas.

 

 

Imaxe de AnaFernandez

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

Este ano a través do programa Xogade da Xunta deixáronnos un baúl de xogos populares e tradicionais para os nenos e nenas de Educación Primaria. 

A semana pasada, aproveitando o bo tempo, puidemos desfrutar del, recordar o que son os xogos populares e tradicionais, aprender diferentes cousiñas sobre os mesmos e como os nenos e nenas estaban tan interesados nestes xogos quedaron en preguntar ás familias mais cousas sobre os xogos tradicionais para expoñelas despois na aula. 

Xogamos á cadea, á corda, a alturiñas,... pero o que mais lles gustou foi a chave e o aro, xa que era a primeira vez que facían estes xogos.

 

Imaxe de Jesus

Salón do libro 2019

No día de hoxe visitamos o Salón do Libro de Carballo onde vimos a exposición de todos os colexios de Carballo así como a actuación de PAKOLAS.

Pasámolo xenial.

Unha gran experiencia!!!



by Dr. Radut