CONVOCADAS AXUDAS A USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR
A Consellaría de Educación convoca axudas para as familias dos usuarios do comedor escolar beneficiarios da bolsa de comedor (gratuidade total ou cota dun euro/día), con motivo da suspensión da actividade polo coronavirus COVID-19.
A quen vai dirixida a axuda?
As familias con un ou máis fillas/os escolarizados no centro que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores de 1 euro.
En que consiste a axuda?
Nunha compensación por alimentos do custo diario do menú por comensal por cada día lectivo de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia COVID-19.
Cal é o importe das axudas?
- 2,50 € por día no caso de alumnado de gratuidade total.
- 1,50 € por día no caso de alumnado que paga 1 €.
Cantos días cubre esta axuda?
- Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: 11 días lectivos de comedor de Infantil e Primaria, 2 días de comedor de ESO.
- Abril: dende o 1 ao 3 de abril: 3 días de comedor de Infantil e Primaria, 1 día de comedor de ESO.
Como se vai pagar a axuda?
En dous pagamentos:
1º: polo período comprendido entre o 16 de marzo e o 3 de abril
2º: se se prorrogase a situación de alarma ata o 1 de maio.
Solicitudes. Lugar e prazo
Prazo: do 31 de marzo ao 6 de abril, ambos inclusive.
Presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos do seguinte xeito:
1. Se contas cun CERTIFICADO DIXITAL ou CHAVE 365
2. Se non contas con CERTIFICADO DIXITAL ou CLAVE 365
-Nome do alumno/a
-Nome do pai/nai que solicita
-DNI do pai/nai que solicita
-Número de conta bancaria (IBAN)
Se che é máis doado, podes apuntar eses datos nun papel con letra clara, facer unha foto e enviárnola por correo electrónico dende o teu teléfono móbil.
3. Se tes dificultades para o envío do correo electrónico
Chama ao teléfono 881867004, en horario de 10:00 a 13:00 e tomaremos nota dos datos por teléfono. (Pregamos paciencia, se a liña está ocupada, e que acodades a esta opción como última solución.)
Resolución:
O prazo máximo de resolución será de 10 días desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes. En canto saia publicada será anuncianda nesta páxina web.
Entenderase como medio de notificación da concesión o aboamento da axuda na conta bancaria do beneficiario.
Pagamento:
Nun prazo máximo de 5 días despois da resolución.
(No documento adxunto tedes o texto da convocatoria: Orde do 27 de marzo de 2020).