Skip to Content

Dirección

Publicacións informativas da dirección do centro.

Calendario de exames materias pendentes ESO

11/04/2021 17:58
Europe/Madrid

No arquivo adxunto podedes consultar o calendario de exames de materias pendentes de ESO, que terán lugar na semana do 17 ao 21 de maio.

CAMBIOS NO TRANSPORTE ESCOLAR

14/01/2021 15:56
Europe/Madrid

Dende o venres 8 de xaneiro unha nova empresa ocúpase do servizo de transporte no noso centro escolar. 

Trátase da empresa Monbús (UTE XG-804). 

Así mesmo, o transporte escolar do noso centro deixa de depender da Consellaría de Educación e pasa a depender da Consellaría de Infraestructuras e Mobilidade.

Nestes primeiros días estanse a producir incidencias das que estamos a tomar nota e das que estamos dando parte á empresa adxudicataria do servizo. 

Agradecemos ás familias que nos comuniquen todas as irregularidades ou incidencias que poidan producirse como consecuencia deste cambio, para poder transmitilas á empresa e á Dirección Xeral de Mobilidade se fose necesario. 

Para as comunicación s de incidencias enviade un e-mail ao correo do centro indicándonos de que RUTA se trata, PARADA, e INCIDENCIA. 

cpi.san.vicente@edu.xunta.gal

PROCEDEMENTO A SEGUIR EN CASO DE APARICIÓN DE POSITIVOS COVID-19

04/12/2020 13:54
Europe/Madrid

En cumprimento do Plan de Adaptación ao Contexto COVID-19 actualizado a 4_11_2020, en caso de darse un positivo por COVID-19 entre o alumnado, profesorado ou persoal non docente, o procedemento a seguir é o seguinte: 

  • Comunicación por parte de Sanidade coa persoa positiva e/ou familiares.
  • Apertura de expediente en EDUCOVID e solicitude ao equipo COVID de identificación de contactos estreitos. 

Considerase contacto estreito a calquera persoa do centro que compartise espazo co caso confirmado nas seguintes circunstancias: 

  1. unha distancia de menos de 2 metros (<2m) do caso confirmado
  2. durante máis de 15 minutos
  3. sen utilizar a máscara
  • O equipo COVID do centro escolar identifica os contactos estreitos segundo eses criterios e comunica a Sanidade esa lista de contactos para que proceda a comunicar coas familias.

Sempre que nas aulas e recreos de Primaria e ESO se estean a cumprir estrictamente as normas de distancia, uso de máscara e hixiene de mans, só é no comedor onde podemos vernos na obriga de identificar contactos estreitos no caso dun positivo. Cando se identifican máis, é polo coñecemento de algunha pequena irregularidade no tempo da merenda, dado que, cando chove  e se merenda nas aulas, os pupitres non están a distancia de 2m senón de 1,5m.  

  • O equipo COVID comunícase coas familias do alumnado identificado como contacto estreito a través do Espazo Abalar para informarlles de que un rastrexador da Consellería de Sanidade vaise por en contacto con eles e darlles as instrucións pertinentes, e coas familias do alumnado NON identificado como contacto estreito para que saiban que seus fillos e fillas non foron identificados coma contactos do caso positivo.

 

Tamén cremos importante informarvos dos tempos de estancia na casa fixados pola Consellería de Sanidade:

  • As persoas que teñan diagnóstico confirmado terán obriga de illamento durante 10 días.
  • As persoas que teñan a consideración de contactos estreitos da persoa cun diagnóstico confirmado deberán permanecer en corentena ata que obteñan o resultado negativo da PCR que se solicitará transcorridos 10 días do último contacto co caso confirmado. Se, polo motivo que fose, pasan 14 días do último contacto co caso confirmado e non se realiza a PCR, a corentena finalizará igualmente.
  • O alumnado restante da aula que non teña a consideración de contacto estreito poderá continuar coa asistencia presencial á aula.

Para calquera dúbida ou aclaración, escribide ao mail do centro (cpi.san.vicente@edu.xuunta.gal) ou chamade en horario de 09:00 a 14:35 (881867004).

PRESENTACIÓN CURSO 2020-2021: 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria

14/09/2020 19:02
Europe/Madrid

Nos arquivos adxuntos podedes consultar e/ou descargar as normas básicas de funcionamento do centro do Plan de adaptación ao contexto COVID-19 para o curso 2020-2021 que presentamos ás familias de 3º e 4º e 5º e 6º de Primaria.

 

CANLE INFORMATIVA DE TELEGRAM

14/09/2020 18:52
Europe/Madrid

Se queredes recibir notificacións no voso teléfono das últimas publicacións da nosa web, podedes sobscribirvos á nosa canle informativa de Telegram clicando neste enlace: 

https://t.me/joinchat/AAAAAFIctGrhJQGSz0pkqg

PRESENTACIÓN CURSO 2020-2021: ESO

14/09/2020 18:47
Europe/Madrid

No arquivo adxunto podedes consultar a presentación do plan de adaptación ao contexto COVID-19 par o curso 2020-2021 presentada hoxe ás familias de Educación Secundaria Obrigatoria. 

AVISO IMPORTANTE: ADIAMENTO DO INICIO DE CURSO EN ESO PARA OS DÍAS 23, 24 E 25 DE SETEMBRO

11/09/2020 12:11
Europe/Madrid

A Consellería de Educación ven de publicar na súa web a decisión de adiar a incorporación ás aulas do alumnado de ESO para os días 23, 24 e 25 de setembro.

Neste enlace tedes a información ao respecto.

As reunións de presentación de curso mantéñense de todolos xeitos para o día 14 de setembro, tal e como estába previsto.

PRESENTACIÓN CURSO 2020-2021: 1º e 2º de Primaria

03/09/2020 16:07
Europe/Madrid

No arquivo adxunto podedes consultar e/ou descargar a presentación do curso 2020-2021 para o alumnado e familias de 1º e 2º de Primaria.

PRESENTACIÓN CURSO 2020-2021: 5º e 6º de Educación infantil

03/09/2020 15:31
Europe/Madrid

No documento adxunto podedes consultar e/ou descargar a presentación do curso 2020-2021 para 5º e 6º de Educación infantil.

PRESENTACIÓN CURSO 2020-2021: 4º de Educación Infantil

03/09/2020 15:29
Europe/Madrid

No arquivo adxunto podedes consultar e/ou descargar a presentación para o alumnado de 4º de Educación infantil.

Distribuir contido


by Dr. Radut