Skip to Content

Complementarias e Extraescolares

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: MATEO TORREIRA E OS LEÓNS ALBINOS

01/06/2019 20:25
Europe/Madrid

Rematamos os nosos xoves expertos do presente curso coa intervención de Mateo Torreira, alumno de 1º de ESO, gran amante da bioloxía e coñecedor de animáis tan curiosos coma os leóns albinos.

Clica na foto para ver a reportaxe gráfica!

 

 

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: ÁLVARO ARDIÓNS, A GAITA

24/05/2019 10:56
Europe/Madrid

O pasado xoves 16 de maio poidemos coñecer a historia, as partes e o son da gaita galega grazas á exposición de Álvaro Ardións, alumno de 4º de EP que ademáis interpretou tres peciñas para nós.

Para ver a galería de fotos, coma sempre, preme na imaxe:

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: NICOLÁS GÓMEZ

09/05/2019 12:11
Europe/Madrid

Nicolás Gómez Forján, alumno de 1º de ESO foi hoxe o encargado de demostrarnos o que sabe sobre programación con Scratch nos exitosos Xoves Expertos na Biblioteca.

Falounos sobre a historia e aplicación dos ordenadores dende os seus inicios ata hoxe en día, e logo fixo unha demostración práctica do que podemos programar con scratch.

Todo un éxito. Parabéns, Nico!

Para ver a galería de imaxes fai clic na foto.

 

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: MARKEL POTTER

02/05/2019 12:12
Europe/Madrid

Un xoves máis o noso pequeno experto en Harry Potter, Markel Villaverde, falounos deste personaxe da literatura fantástica, de todas as súas aventuras literarias e tamén das películas que nos contan a súa historia.

Podes premer na foto para ver as imaxes deste divertido recreo de xoves experto.

MERSH.ME.IGA no CPI San Vicente da Baña

Os alumnos da ESO participan nunhas xornadas de Educación Médica no centro, impartidas por alumno e médicos da Facultade de Medicina da USC.

OBRADOIRO LUIS SEOANE CON SILVIA CAPELO

16/04/2019 10:13
Europe/Madrid

Co gallo da conmemoración do Día das Artes Galegas, neste ano 2019 dedicado á figura de Luis Seoane, desenvolvéronse unha serie de actividades artísticas durante este mes de abril grazas á colaboración da nosa ex-alumna e artista plástica, Silvia Capelo.

  • O alumnado de 3º de ESO e algúns profesores desta etapa realizaron murais en cartulina reinterpretando a obra de Seoane.
  • O alumnado de Infantil traballou con Silvia Capelo realizou unha obra conxunta, a modo de mosaico, coa técnica do collage.
  • O alumnado de 1º, 2º e 3º de EP fixo unha reinterpretación das ilustracións dos personaxes de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares.
  • O alumnado de 4º, 5º e 6º de EP desenvolveu un obradoiro de aproximación ao gravado sobre os tres temas presentes na obra de Seoane: o mar, a terra e a muller.
  • O alumnado de ESO pintou de xeito colaborativo un mural no patio da escola, despois dunha chuvia de ideas coa artista Silvia Capelo a partir da obra muralística de Luis Seoane.

Nas vindeiras semanas as pezas realizadas por todo o alumnado estarán expostas nos corredores do cole, así que estades convidados a vir velas cando queirades.

PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA DE FOTOS!!

MURAL LUIS SEOANE

PROXECTO DE RECOMPILACIÓN DE PATRIMONIO INMATERIAL

08/04/2019 16:51
Europe/Madrid

 

 

Atención! Nova iniciativa da Biblioteca do cole!

"AXUDÁDEME A CANTAR": recompilación de cantigas de tradición oral

Dentro do proxecto ao redor do patrimonio cultural que impulsamos neste curso, achegámonos agora a unha parte do noso patrimonio inmaterial: a poesía de tradición oral, así como a música habitualmente asociada a ela.

Tedes un veciño que canta cancións "das de antes" a todas horas? A vosa nai lembra coplas que lle dicía a súa? A avoa dun amigo aínda se lembra de como tocaba a pandeireta cando era nova? Daquela... collede lapis e papel ou, aínda mellor, un aparello con que gravar audio ou vídeo e animádevos a axudarnos nesta procura!

 

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información sobre como participar e tamén a ficha de recollida.

Proxecto patrimonio inmaterial

 

SEMANA DAS ARTES: LUIS SEOANE

16/03/2019 11:12
Europe/Madrid

A semana do 8 ao 12 de abril, co gallo do Día das Artes Galegas, homenaxearemos a figura de Luis Seoane mediante a realización de obradoiros de arte da man de Silvia Capelo. 

Todo o alumnado de todas as etapas educativas desenvolverá o seu talento artístico e os corredores e paredes do noso centro lucirán fermosamente decorados.

Aquí tedes o cartel coas datas e horarios das actividades:

 

cartel seoane 2cartel semana seoane 1

PARTICIPANTES NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA SOBRE PATRIMONIO "MEMORIA EN CONSTRUCIÓN"

07/03/2019 20:37
Europe/Madrid

FOTOGRAFÍAS PREMIADAS NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA SOBRE PATRIMONIO "MEMORIA EN CONSTRUCIÓN"

04/03/2019 12:04
Europe/Madrid

Aquí tedes as fotografías premiadas no Concurso de Fotografía sobre Patrimonio Memoria en Construción, convocado pola Biblioteca Escolar.

A entrega de premios terá lugar o vindeiro luns 11 de marzo, ás 12 da mañá, no espazo multiusos do CPI San Vicente.

Parabéns ás persoas premiadas e moitísimas grazas a todos os autores e autoras das 90 fotos presentadas. Non foi doado, para o xurado, decidir entre tantas e tan fermosas fotos de elementos do noso patrimonio material.

Pronto publicaremos a totalidade das fotos!

 

 

FOTOGRAFIAS PREMIADAS 2019 por Mar Sueiro

Distribuir contido


by Dr. Radut