Skip to Content

1º EP, 2º EP, 3º EP, 4º EP, 5º EP, 6º EP, AL e PT, Complementarias e Extraescolares, Ed. Física, Ed. Infantil, Ed. Musical, Escolares, Idioma estranxeiro, Inglés 1º, Inglés 2º, Inglés 3º, Inglés 4º, Inglés 5º, Inglés 6º, Inglés Infantil, Relixión Católica, Seccións Bilingües

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: LAURA FERREIRO

25/02/2019 23:18
Europe/Madrid

O pasado xoves 21 de febreiro, Laura Ferreiro Gesto, alumna de 5º de Primaria, falounos da súa paixón pola música, de como construír pequenos instrumentos de percusión na casa, amosounos os seus libros e tamén falounos de cantas horas lle dedica á música e por que escolleu esa actividade extraescolar e ese instrumento en concreto, o piano. Tamén tocou dúas peciñas para nós e creo que aprendimos todos mogollón. Grazas Laura!!

Clicade na foto se queredes ver a reportaxe completa. Guiño 

 

Visita do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia

22/02/2019 13:29
Europe/Madrid

O venres 22 de Febreiro tivemos unha visita do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia  (CSIC) para os/as nenos/as de sexto de primaria. O alumnado aprendeu a avaliar o nivel de contaminación do solo, e os efectos tóxicos de determinados compostos no proceso de xerminación, desenvolvemento e crecemento das sementes.  

ANDAINA FOTOGRÁFICA

16/02/2019 19:12
Europe/Madrid

Nesta fermosa mañá de sábado, un grupiño de rapaces e rapazas, profes, familias, amigos e veciñanza do cole da Baña percorreu a Ruta do Patrimonio de Lañas, deseñada polo alumnado de 2º de ESO no seu proxecto Facendo Escola, para coñecer o patrimonio cultural desta parroquia. Entre charlas e fotografías, camiñamos os 9 km da ruta e descubrimos fermosos tesouros de arquitectura popular e tamén do patrimonio arqueolóxico do noso concello.

As fotos que os nosos amigos e amigas camiñantes realizaron nesta andaina serán expostas nos panéis dos corredores do noso cole, dentro do concurso de fotografía Memoria en Construción.

Tedes ata o 22 de febreiro para enviarnos as vosas fotos, bulide!!!

Aquí tedes a foto final do grupo, despois do percorrido.

Grazas a todos por participar nesta iniciativa e esperámosvos no curso que ven.

PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA DE FOTOS...

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: SOFÍA GARCÍA

14/02/2019 13:36
Europe/Madrid

Segundo xoves experto, nesta ocasión en compañía de Sofía García, alumna de 3º de EP que nos falou do seu instrumento, a frauta traveseira.

De novo, o público interesouse polos instrumentos que nos amosou esta pequena e aplaudiu con emoción as súas interpretacións.

Para ver máis fotos, clica na imaxe!

 

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: PABLO BLANCO

07/02/2019 13:11
Europe/Madrid

Hoxe comezamos a andaina dos nosos Xoves Expertos na Biblioteca Escolar.

Nesta ocasión Pablo Blanco, alumno de 5º de EP, falou ante un público atento, do seu instrumento, o saxofón, e tamén nos deleitou coa interpretación dun par de pezas co seu instrumento.

Clicando na foto terás a ligazón á galería de fotos.

 

GALERÍA DE FOTOS ENTROIDO 2018

02/05/2018 11:42
Europe/Madrid

Xa podedes ver a galería de fotos do noso Entroido e a nosa Muiñeira colectiva.

 

Só tedes que clicar na imaxe para acceder ao álbum.

alumnos 4º EP Entroido

ENCONTRO VIRTUAL CON LEDICIA COSTAS

02/05/2018 11:30
Europe/Madrid

O pasado venres, os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria tiveron un encontro virtual coa escritora galega Ledicia Costas, clicando na imaxe podedes acceder á crónica e ás fotos do encontro publicadas no Blog da Biblioteca Escolar.

 

A señorita Bublle

 

PREMIOS CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "AUGA"

24/03/2018 18:34
Europe/Madrid

A Biblioteca Escolar en colaboración co ENL, o Proxecto Ríos e o Proxecto Voz Natura ven de organizar un concurso de fotografía cuxa temátixa foi a auga.

O pasado xoves, 22 de marzo, Día Mundial da Auga, entregamos os premios aos pequenos e grandes artistas seleccionados, despois dunha difícil decisión por parte do xurado, xa que a participación foi alta e a calidade dos traballos, boísima.

Aquí tedes aos fachendosos premiados nas categorías de Infantil, Primaria e ESO  (os adultos premiados non poideron asistir á entrega dos premios pero xa llos fixemos chegar ás súas casas).

 

Se premedes na foto podedes ver o resto da reportaxe da entrega de premios:

premios fotografia auga

 

Ademáis, nestas presentacións podedes ver unha pequena selección dos traballos presentados nas 4 categorías. Esperamos que vos gusten e que a participación sexa aínda maior nos próximos concursos de fotos.

Parabéns, artistas!!

 

 

INFANTIL_PRIMARIA de Mar Sueiro

 

ESO ADULTOS 2 de Mar Sueiro

SAÍDA FOTOGRÁFICA "FÍOS DE PRATA"

24/02/2018 21:52
Europe/Madrid

Nesta fermosa mañá de sábado, coincidindo ademáis co Día de Rosalía, saimos a desfrutar da natureza e tamén da fotografía polos arredores de San Vicente. Grandes e cativos homenaxeamos á nosa poeta retratando ríos, fontes e regatos pequenos, desfrutando da andaina, das fermosas paraxes do río Alvariña e sobre todo, da grata compañía.

Unha experiencia da que voltamos con moitas ganas de repetir. Sorriso

Clicade na foto, para mirar o album completo.

 

TODOS DICIMOS NON

26/11/2017 18:59
Europe/Madrid

O pasado venres 24 de novembro, todo o alumnado e profesorado do CPI San Vicente reuniuse para declarar o noso cole un espazo libre de violencias machistas.

Tras unhas acertadas palabras da nosa Concelleira de Cultura, Alicia Blanco, e o noso compromiso colectivo de respecto e compromiso coa igualdade, participamos todos nunha sesión de xogos colaborativos nos cales traballaron duramente coma monitores os rapaces e rapazas de 6º de Primaria e 3º e 4º de ESO.

Este video é unha pequena mostra dunha xornada fermosísima de convivencia e traballo en equipo.

  

 

Ademáis, pinchando na imaxe, podedes acceder ao álbum completo de imaxes para ver e/ou descargar as que vos interesen.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut