Skip to Content

Escolares, Ed. Infantil, 1º EP, 3º EP, 5º EP, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical, Complementarias e Extraescolares, 2º EP, 4º EP, 6º EP, Seccións Bilingües, Inglés 1º, Inglés 2º, Inglés 3º, Inglés 4º, Inglés 5º, Inglés 6º, Inglés Infantil, Relixión Católica, AL e PT

PREMIOS CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "AUGA"

24/03/2018 18:34
Europe/Madrid

A Biblioteca Escolar en colaboración co ENL, o Proxecto Ríos e o Proxecto Voz Natura ven de organizar un concurso de fotografía cuxa temátixa foi a auga.

O pasado xoves, 22 de marzo, Día Mundial da Auga, entregamos os premios aos pequenos e grandes artistas seleccionados, despois dunha difícil decisión por parte do xurado, xa que a participación foi alta e a calidade dos traballos, boísima.

Aquí tedes aos fachendosos premiados nas categorías de Infantil, Primaria e ESO  (os adultos premiados non poideron asistir á entrega dos premios pero xa llos fixemos chegar ás súas casas).

 

Se premedes na foto podedes ver o resto da reportaxe da entrega de premios:

premios fotografia auga

 

Ademáis, nestas presentacións podedes ver unha pequena selección dos traballos presentados nas 4 categorías. Esperamos que vos gusten e que a participación sexa aínda maior nos próximos concursos de fotos.

Parabéns, artistas!!

 

 

INFANTIL_PRIMARIA de Mar Sueiro

 

ESO ADULTOS 2 de Mar Sueiro

SAÍDA FOTOGRÁFICA "FÍOS DE PRATA"

24/02/2018 21:52
Europe/Madrid

Nesta fermosa mañá de sábado, coincidindo ademáis co Día de Rosalía, saimos a desfrutar da natureza e tamén da fotografía polos arredores de San Vicente. Grandes e cativos homenaxeamos á nosa poeta retratando ríos, fontes e regatos pequenos, desfrutando da andaina, das fermosas paraxes do río Alvariña e sobre todo, da grata compañía.

Unha experiencia da que voltamos con moitas ganas de repetir. Sorriso

Clicade na foto, para mirar o album completo.

 

TODOS DICIMOS NON

26/11/2017 18:59
Europe/Madrid

O pasado venres 24 de novembro, todo o alumnado e profesorado do CPI San Vicente reuniuse para declarar o noso cole un espazo libre de violencias machistas.

Tras unhas acertadas palabras da nosa Concelleira de Cultura, Alicia Blanco, e o noso compromiso colectivo de respecto e compromiso coa igualdade, participamos todos nunha sesión de xogos colaborativos nos cales traballaron duramente coma monitores os rapaces e rapazas de 6º de Primaria e 3º e 4º de ESO.

Este video é unha pequena mostra dunha xornada fermosísima de convivencia e traballo en equipo.

  

 

Ademáis, pinchando na imaxe, podedes acceder ao álbum completo de imaxes para ver e/ou descargar as que vos interesen.

  

MANUALIDADES CON PRODUTOS DE OUTONO

23/11/2017 13:46
Europe/Madrid

Os alumnos de Infantil e Primaria decoraron os nosos corredores con MANUALIDADES a partir de PRODUTOS DE OUTONO.

Aquì podedes velos e desfrutalos! 

 

 

SAMAÍN 2017

01/11/2017 12:13
Europe/Madrid

A mañá de onte, 30 de outubro, o noso cole encheuse de terroríficas e divertidas actividades. Os alumnos de Infantil e Primaria participaron nun obradoiro de maquillaxe, adornaron os corredores coas súas fermosas cabazas e, os máis afoutos, déronse un paseiño polo tunel do terror... 

Aquí vos deixamos unha reportaxe gráfica do que foi esta divertida festa do outono, na que non faltaron as castañas, claro que non, para repoñer as forzas. 

 

 

 

E se te atreves a entrar con nós no tunel...... adiante!!  Sorprendido

 

COMO FACER UN ZOMBIE? (ALUMNADO DE SEGUNDO DE PRIMARIA)

10/11/2015 17:24
Europe/Madrid

Os nenos e nenas de segundo de primaria quérenvos explicar como se fai un zombie. Como sabedes no Samaín puxemos en marcha o proxecto documental "En Versión Orixinal" en relación coa temática do Cine de Terror. Este é un adianto das actividades que se desenvolveron durante o mes de outubro.

 

PROXECTO "EN VERSIÓN ORIXINAL" SELECCIONADO POLA FUNDACIÓN BARRIÉ

05/11/2015 23:12
Europe/Madrid

O noso proxecto de centro En versión Orixinal foi seleccionado na IV Convocatoria de Proxectos Escolares 2014-2015 da Fundación Barrié.

Con el pretendemos afondar en todas as etapas e niveis no cine e na linguaxe audiovisual coma fontes de coñecemento, aprendizaxe e adquisición de competencias en todas as áreas e materias.

Velaqué tedes o video e a presentación que proxectamos na presentación do noso proxecto na sede da Fundación Barrié en A Coruña o pasado 5 de outubro de 2015.

Aquí tedes o video e a presentación que proxectamos na presentación do noso proxecto na sede da Fundación Barrié.

 

 

Powered by emaze

 

COMPARTE DANZA

25/05/2015 20:10
Europe/Madrid

comparte danza

O xoves 14 de maio as bailarinas da escola BS Danza de Santiago de Compostela visitaron o noso centro no seu programa didáctico COMPARTEDANZA.

Este programa pretende achegar a danza á comunidade educativa porque "compartindo o que facemos, todos aprendemos". Deste xeito, amosaron aos nosos alumnos a arte en movemento, a importancia de descubrir con alegría o propio corpo e as súas cualidades e sobre todo, amosáronnos  que o movemento é unha forma de expresión e de comunicación de sentimentos e emocións.

Foi unha fermosa experiencia, para rapaces e profes, observar como se preparan para a danza mediante o quecemento, e logo como coordinan os seus movementos en perfecta harmonía coa música, en distintos estilos e expresando e contaxiando en nós emocións diferentes.

Aquí tedes unha pequena mostra gráfica desa fermosa xornada que esperamos repetir o vindeiro ano. 

 

COMPARTE DANZA EN A BAÑA on PhotoPeach

 

Proxecto de Educación Infantil "A fotografía no tempo"

Vídeo realizado polo equipo de Educación Infantil onde os alumnos fan unha homenaxe á fotografía con Santiago de Compostela como temática

Premer aquí

 

UN PROXECTO DE PREMIO!

03/11/2014 21:51
Europe/Madrid

A Consellería de Educación ven de publicar a resolución do Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou coa participación da Biblioteca Escolar, que convocou no pasado mes de maio coa intención de recoñecer boas experiencias de traballo por proxectos interdisciplinares ou de investigación coordinados ou apoiados pola Biblioteca Escolar.

Os nosos rapaces de 3º de Primaria (agora xa en 4º) xunto coa súa profesora, Mª Josefa Becerra, e sempre apoiados pola Biblioteca, desenvolveron un fermoso e completísimo traballo sobre a Nutrición ao que chamaron Comesán e que presentaron ilusionados ao concurso. Xunto con eles, participaron outros 91 centros de toda Galicia.

Lemos a resolución, nerviosos, e temos a enorme alegría de comprobar que estamos entre os 16 centros galardoados!!!!!

NORABOA, RAPACES, NORABOA, PROFE!

Nada mais fermoso que ver recoñecido o esforzo.

comesan 2014

   

Distribuir contido


by Dr. Radut