Skip to Content

1º EP, 2º EP, 3º EP, 4º EP, 5º EP, 6º EP, AL e PT, Ed. Física, Ed. Infantil, Ed. Musical, Escolares, Idioma estranxeiro, Inglés 1º, Inglés 2º, Inglés 3º, Inglés 4º, Inglés 5º, Inglés 6º, Inglés Infantil, Relixión Católica, Seccións Bilingües

XOVES EXPERTOS: ROSALÍA RODRÍGUEZ FÁLANOS DE CANADÁ

16/03/2019 11:01
Europe/Madrid

Este xoves 14 de marzo, reanudamos os Xoves Expertos na Biblioteca Escolar. 

Desta vez, Rosalía Rodríguez falounos da súa terra de orixe, Canadá, e aprendimos todos moitos sobre a súa cultura, lingua, fauna e organización territorial. Ela vai visitar á súa familia duas veces ao ano e sempre volve cunha boa reserva do delicioso sirope de arce que nos deu a probar Canso

Clicade na foto para ver a reportaxe!

rosalia rodriguez craven

Visita do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia

22/02/2019 13:29
Europe/Madrid

O venres 22 de Febreiro tivemos unha visita do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia  (CSIC) para os/as nenos/as de sexto de primaria. O alumnado aprendeu a avaliar o nivel de contaminación do solo, e os efectos tóxicos de determinados compostos no proceso de xerminación, desenvolvemento e crecemento das sementes.  

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: SOFÍA GARCÍA

14/02/2019 13:36
Europe/Madrid

Segundo xoves experto, nesta ocasión en compañía de Sofía García, alumna de 3º de EP que nos falou do seu instrumento, a frauta traveseira.

De novo, o público interesouse polos instrumentos que nos amosou esta pequena e aplaudiu con emoción as súas interpretacións.

Para ver máis fotos, clica na imaxe!

 

Proxecto de Educación Infantil "A fotografía no tempo"

Vídeo realizado polo equipo de Educación Infantil onde os alumnos fan unha homenaxe á fotografía con Santiago de Compostela como temática

Premer aquí

 

UN PROXECTO DE PREMIO!

03/11/2014 21:51
Europe/Madrid

A Consellería de Educación ven de publicar a resolución do Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou coa participación da Biblioteca Escolar, que convocou no pasado mes de maio coa intención de recoñecer boas experiencias de traballo por proxectos interdisciplinares ou de investigación coordinados ou apoiados pola Biblioteca Escolar.

Os nosos rapaces de 3º de Primaria (agora xa en 4º) xunto coa súa profesora, Mª Josefa Becerra, e sempre apoiados pola Biblioteca, desenvolveron un fermoso e completísimo traballo sobre a Nutrición ao que chamaron Comesán e que presentaron ilusionados ao concurso. Xunto con eles, participaron outros 91 centros de toda Galicia.

Lemos a resolución, nerviosos, e temos a enorme alegría de comprobar que estamos entre os 16 centros galardoados!!!!!

NORABOA, RAPACES, NORABOA, PROFE!

Nada mais fermoso que ver recoñecido o esforzo.

comesan 2014

   

INVESTIGANDO SOBRE A NUTRICIÓN

Os alumnos de 3º de EP desenvolveron durante este curso un Proxecto de Investigación, en colaboración coa Biblioteca Escolar, sobre a Nutrición e a Alimentación Saudable.

alumnos 3 EP

Aquí os tedes, felices e satisfeitos despois de expor os resultados do seu traballo e de recibir o merecido premio ao seu esforzo.

Se queredes coñecer máis polo miudo o proxecto ao completo, visitade o blog de Primaria ou o da Biblioteca Escolar.

Estas son as presentacións que elaboraron xunto coa súa profesora, María José:

 

Aqui tedes a reportaxe gráfica da Inauguración da súa exposición: INVESTIGANDO NA BIBLIOTECA on PhotoPeach

PEQUENOS INVESTIGADORES DE 4º DE PRIMARIA

Os pequenos investigadores de 4º de Primaria, ao abeiro dos Contratos Programa, levaron a cabo un fermoso e completísimo traballos sobre As Plantas Medicinais que vos mostramos para que poidades coñecer todo o que eles aprenderon.

 

O DÍA QUE NEVOU NA BAÑA

         Na madrugada do venres, 8 de xaneiro de 2009, a miña avoa Pastora achegouse á ventá e veu que a eira, os tellados das casas, as leiras... estaba todo de cor branco. Entón, a miña avoa, chegou ao meu cuarto e díxome:

          - Meli, levántate se queres ver a neve!

          Eu levanteime moi leda e vestinme para ir ao colexio. Como levaba os tenis, encharquei os pés de neve. Case perdo o bus.

           Ao chegar ao colexio, o primeiro que fixen foi xogar coa neve. Paseino en grande coas miñas amigas: Nuria e María. Botamos bólas de neves unhas ás outras e tamén fixemos un boneco de neve pequeno.

          Nunca esquecerei este día tan bonito, pois foi a primeira vez que eu puiden xogar coas miñas amigas coa neve no colexio. 

         Melissa Barreiro Ares (5º de primaria)

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut