Skip to Content

1º EP, 2º EP, 3º EP, 4º EP, 5º EP, 6º EP, AL e PT, Ed. Física, Ed. Infantil, Ed. Musical, Escolares, Idioma estranxeiro, Inglés 1º, Inglés 2º, Inglés 3º, Inglés 4º, Inglés 5º, Inglés 6º, Inglés Infantil, Relixión Católica, Seccións Bilingües

EDUCACIÓN INFANTIL: SEMANA 1

17/03/2020 10:12
Europe/Madrid

Boas familias!

Como dixemos imos a colgar xa as primeiras actividades para que podades comezar a facer cas nenas e nenos de infantil. 

A continuación, poñemosvos tres enlaces con fichas de grafomotricidade e lóxico-matemática pensadas para os tres niveis educativos.

Nos vindeiros días, teredes a vosa disposición tamén uns pequenos proxectos sobre os centros de interese que vimos na aula. 

OS ENLACES AS CARPETAS SON:
 
MATERIAL 3 ANOS:
 
 
MATERIAL 4 ANOS:
 
 
MATERIAL 5 ANOS:
 
 
 
Querémosvos recordar, por outra banda, que tan importante coma o traballo, é seguir unhas rutinas, xa que os máis pequenos son o que botarán en falta e polo que máis se verán alterados, por eso propoñemos tamén:
 
- Respetar os horarios de sono, deitarse e erguerse as mesmas horas que cando hai cole, polo menos, de Luns a Venres.
 
- Seguir mantendo o horario habitual de comidas e merendas, e a ser posible o CALENDARIO DE MERENDA SAUDABLE que seguiamos nas aulas.
 
- Aínda que pode resultar duro por gañar rápidez...é mellor deixar que as nenas e nenos vaian ó baño sós, laven as mans ou coman sen axuda, poñan e quiten eles a roupa...esto permitirálles seguir aprendendo a ser independentes e mellorará a súa confianza e sentido de sentirse "maiores".
 
- Facer asambleas: falar con elas e eles, saber o que lles preocupa, escoitalos!
 
- Leer un pouquiño cada día, coa súa axuda ou sin ela pero deixando voar a súa imaxinación!
 
- Darlles tempo e material co que fagan as súas propias creacións, que sigan sendo artistas e así practiquen coas tesoiras, punzos, plasti...para seguir exercitando a súa psicomotricidade fina.
 
- Se tedes a oportunidade, e contades con campo na vosa casa, que saían a correr ou xogar fóra, que se movan e se sintan libres aínda que sexa un anaquiño...
 
Será moi duro, para nós pero sobre todo para eles aínda que non o pareza, todos estamos a vivir algo histórico e temos que apoiarnos. Calquera cousiña que necesitedes, estamos dispoñibles polas nosas redes!
 
Unha aperta! Silvia e Henar.

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

16/03/2020 12:29
Europe/Madrid
Queridas familias:
 
Debido ao Estado de Alarma que nos toca vivir e despois de ser coñecedoras de tódalas medidas adoptadas...o Equipo de Infantil informa:
 
- A etapa de Educación Infantil é unha etapa complexa, onde o currículo é flexible e polo tanto non ten tanto contido académico que se poda seguir nos fogares xa que prima o desenvolvemento persoal, social e emocional das nosas pequenas e pequenos, polo que as rutinas, o xogo simbólico e a socialización son case ou máis importantes, que as fichas e o traballo individual.
 
 
Por este motivo, ningunha das dúas mestras pensamos que poñer "deberes" aos nosos castores para que fagan obrigatoriamente día tras día é necesario, nin para eles, nin para as familias que xa ven demasiado alterada a súa rutina.
 
 
Debido a iso, a nosa proposta é ofrecervos material para que o xestionedes como vos veña mellor, adaptandoo así os vosos tempos e, sobre todo, ós intereses das nenas e nenos.
 
 
A canle de comunicación e onde colgaremos todo, será esta páxina web e tamén as nosas Redes Sociais.
 
Atoparedes material de lectoescritura, matemáticas, proxectos... pero tamén ideas para facer cos máis pequenos da casa e xogos cos que levar mellor este retiro.
 
Sabemos o dífícil que é esta situación para todos, solo desexamos que pase pronto e moito ánimo!
 
Estamos en contacto!

O ALUMNADO DA BAÑA APOSTA POLA IGUALDADE

07/03/2020 13:13
Europe/Madrid

Nestes días o alumnado do centro está a adornar os corredores do noso centro con mensaxes pola igualdade para conmemorar o 8 de marzo.

 igualdade

Así mesmo, o alumnado de 5º de EP ven de realizar un fermoso video titulado "Cando sexa maior" no cal nos falan da igualdade de oportunidades e da liberdade de todas e todos para traballar, vivir, ler e amar libremente. 

E finalmente, en colaboración co SNL do noso Concello e dentro do proxecto Comparte en Galego, tamén vos presentamos o noso Comparte pola igualdade:

 

Traballando xuntos por un mundo máis xusto e igualitario. 

HORARIOS PERIODO DE ADAPTACIÓN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

04/09/2019 12:06
Europe/Madrid

Informamos dos horarios do período de adaptación do alumnado de 4º de Educación Infantil entre os días 11 e 20 de setembro.

 

 

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: XOEL VILACOBA

29/04/2019 08:39
Europe/Madrid

Continúan con éxito os Xoves Expertos na biblioteca. Desta vez aprendimos moitísimo sobre as abellas grazas a Xoel Vilacoba quen, ademáis, nos deu a probar o delicioso mel das súas colmenas.

Preme na foto para ver as imaxes deste xoves!

XOVES EXPERTOS: LAURA BUJ FÁLANOS SOBRE O CLARINETE

16/04/2019 10:00
Europe/Madrid

Rematamos os Xoves Expertos do mes de abril coa charla de Laura Buj, alumna de 4º de EP e estudante de Clarinete no CMUS de Santiago de Compostela

Amosounos as partes do instrumento, explicounos como se coloca a boca para poder sacarlle son e tamén interpretou para nós unhas pezas ben fermosas.

Coma sempre, premendo na foto, poderedes ver a galería da fotos. 

Laura Buj

GAÑADORES DO CONCURSO "BIODIVERSIÓN"

09/04/2019 11:52
Europe/Madrid

 

O cole está de noraboa porque 3 alumnos de 6º de Primaria veñen de ser galardonados no IX Concurso de Biodiversión organizado polo CSIC, FECYT e IIAC. 

 

Os galardonados son:

  • Anxo Areán Recarey co 1º Premio de Relatos.
  • Ismael Rey Lourido co 2º Premio de Relatos.
  • Martín Liñares Grille co 1º Premio de Debuxo.

Parabéns aos nosos artistas e pequenos científicos!!!

XOVES EXPERTOS: ISMAEL E OS DINOSAURIOS

04/04/2019 15:38
Europe/Madrid

Ismael e os dinosaurios

 

Hoxe, un xoves máis, poidemos escoitar na biblioteca a charla sobre Os Dinosaurios que impartiu o noso pequeno experto, Ismael Rey, de 6º de Primaria.

Ademáis hoxe estreabamos o noso equipo de proxección, que fará máis vistosas estas presentacións que están a ser un grandísimo éxito. 

Temos todos os xoves cubertos e lista de espera para o vindeiro curso!!!

Xa sabedes, clicade na foto para ver a galería de imaxes.

 

XOVES EXPERTOS: OLIVIA, AITANA, ALDARA, MARÍA E ÁLVARO, A FUNCIÓN DE RELACIÓN

02/04/2019 16:02
Europe/Madrid

O pasado xoves, un grupo de alumnas de 4º de EP faláronnos da función de relación nos seres vivos, dos nosos 5 sentidos e tamén dos nosos músculos e osos... Aprendimos con elas un pouco máis sobre como funciona o noso corpo e como podemos coidalo.

Se clicas na foto poderás ver a reportaxe gráfica.

 

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: IRIA E NURIA

22/03/2019 11:34
Europe/Madrid

Unha semana máis de Xoves Expertos na que coñecemos o mundo da Ximnasia Rítmica da man de Nuria e Iria, alumnas de 6º de EP. Aprendemos os nomes de moitas figuras, como se estiran e entrenan, como se preparan para competir e o que son os pes de chourizo, jejeje. 

Clica na imaxe para ver as fotos...


Distribuir contido


by Dr. Radut