Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Febreiro 26, 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
26
Start: 26/02/2024 12:32

Anúnciase a publicación no taboleiro do centro a listaxe de solicitudes de reserva, de acordo coa Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Asimesmo, publícase a listaxe de prazas vacantes para o vindeiro curso 2024-25.

Avanzamos que o prazo de presentación de solicitudes de admisión para alumnado novo será do 1 ao 20 de marzo.

27
28
Start: 28/02/2024 13:14

O IES Xulián Magariños de Negreira, centro de adscrición do CPI de San Vicente, informa de que de momento non dispón de postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva para 1.º de BAC recibidas para o curso 2024-25, á espera de que a Consellaría de Educación lle conceda unha ampliación da oferta de prazas.

Conforme o artigo 30 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos:

 "Cando os postos escolares dispoñibles en reserva non fosen suficientes para atender todas solicitudes, [...] todo o alumnado deberá presentar necesariamente a solicitude de admisión."

Polo tanto, o alumnado que solicitou reserva de praza no IES Xulián Magariños debe presentar solicitude de admisión entre o 1 e o 20 de marzo, indicando ata seis (6) centros por orde de preferencia e mais os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren (é aconsellable marcar na solicitude a autorización para consultar renda, DNI, discapacidade, etc.; tamén sería conveniente achegar, como mínimo, o libro de familia e o certificado de cualificacións de 3.º de ESO).

O formulario normalizado (ED550B) será facilitado na secretaría do centro e tamén estará dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación Admisionalumnado (Solicitudes>Admisión>Crear), e na páxina web da Consellaría de Educación. A solicitude dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar e deberá ser presentada ou ben electronicamente, ou ben de forma presencial.

Start: 28/02/2024 18:18

Desde o día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2024/25, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.


Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse antes do 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

A Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Os impresos estarán dispoñibles en papel no centro, e tamén en admisionalumnado, xunto con toda a normativa relacionada.

Ademais, será requirida a seguinte DOCUMENTACIÓN:

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

IMPORTANTE: Lémbrase que, de acordo co artigo 26 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión:

"A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior, así como a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada en día 28 de febreiro, poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento".

29
Start: 29/02/2024 11:29

Se queredes ideas orixinais e saudables para as ceas dos vosos pequenos e pequenas, o programa Come Local volas proporciona no documento que acompaña esta publicación. Risa

1
Start: 01/03/2024 11:32

O venres 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía no comedor escolar degustando un delicioso caldo de gloria. 

Antes da degustación o alumnado leu o poema Miña casiña, meu lar, que ilustraba os manteis individuais cedidos pola Fundación Rosalía de Castro

2
3
Distribuir contido


by Dr. Radut