Skip to Content

AVISO PARA ALUMANDO QUE SOLICITOU RESERVA DE PRAZA PARA 1.º BAC NO IES XULIÁN MAGARIÑOS (NEGREIRA)

28/02/2024 13:14
Europe/Madrid

O IES Xulián Magariños de Negreira, centro de adscrición do CPI de San Vicente, informa de que de momento non dispón de postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva para 1.º de BAC recibidas para o curso 2024-25, á espera de que a Consellaría de Educación lle conceda unha ampliación da oferta de prazas.

Conforme o artigo 30 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos:

 "Cando os postos escolares dispoñibles en reserva non fosen suficientes para atender todas solicitudes, [...] todo o alumnado deberá presentar necesariamente a solicitude de admisión."

Polo tanto, o alumnado que solicitou reserva de praza no IES Xulián Magariños debe presentar solicitude de admisión entre o 1 e o 20 de marzo, indicando ata seis (6) centros por orde de preferencia e mais os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren (é aconsellable marcar na solicitude a autorización para consultar renda, DNI, discapacidade, etc.; tamén sería conveniente achegar, como mínimo, o libro de familia e o certificado de cualificacións de 3.º de ESO).

O formulario normalizado (ED550B) será facilitado na secretaría do centro e tamén estará dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación Admisionalumnado (Solicitudes>Admisión>Crear), e na páxina web da Consellaría de Educación. A solicitude dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar e deberá ser presentada ou ben electronicamente, ou ben de forma presencial.



story | by Dr. Radut