O pasado 24 o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a unha charla-coloquio da escritora Medos Romero. Presentámosvos unha guía que vinmos de elaborar en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüistica o cal organizou esta actividade.
Este 8 de marzo quixemos lembrar a unha científica recentemente falecida: Rita Levi-Montalcini. Tamén podes atopar a nosa homenaxe á científica italiana no noso blog Bibliosansa. Se desexas coñecer outras actividades realizadas polas bibliotecas escolares galegas preme aquí.
O Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca realizamos un documento co gallo do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos. Con el queremos conmemorar o Día de Rosalía de Castro que se celebraŕá o vindeiro 24 de febreiro. Agardamos que vos guste.
Os departamentos de ciencias do CPI de San Sadurniño en colaboración coa biblioteca escolar deste centro organizan o II Concurso “Investigación e ciencia”.