Skip to Content

Secundaria

A nosa sorpresa lectora de medo

O pasado xoves 27 de setembro un grupo de alumnas e alumnos de 1º de ESO xuntouse na biblioteca para ler un conto de medo moi especial: "Noites de lúa chea" do libro Contos por palabras de Agustín Fernández Paz. Moitas grazas pola súa participación e ata as próximas lecturas.

 

Guía de suxestións de lectura para ESO

Deixámosvos unha guía de suxestións de lectura para a ESO que agardamos sexa do voso interese. Felices vacacións!

Folliña voandeira do Día da Ciencia

Mañá coma sabedes celebramos o Día da Ciencia no noso centro e dende a biblioteca sumámonos a esta conmemoración cunha "folliña voandeira" que nomeamos Bibliocienciando.  E a nosa segunda voandeira para este evento, posto que xa elaboraramos unha no curso 2013-2014 que podedes atopar aquí.

Día Internacional da Muller

Unímonos á conmemoración desta data cunha presentación sobre a matemática Sofia Kovalésvkaia e a súa relación coa literatura.

 

 

Día de Rosalía

Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía e nós unímonos a esta celebración cunha selección de poemas que titulamos "Aromas puros, frescura e poesía". Premede aquí se queredes coñecela.

Guía de suxestións de lectura de Nadal para ESO

Este curso seguimos coas guías temáticas de lecturas para o Nadal. Este ano tócalle á literatura de medo. Neste enlace poderás atopala a nosa guía.

Felices lecturas!

Suxestións para o verán

No noso blogue podedes atopar as nosas suxestións para secundaria e enlaces de interese sobre libros.

Felices lecturas!

Imaxe de depmat

EXPOMETORO NO CPI SAN SADURNIÑO

Do 2 ao 12 de febreiro o noso centro recibe a exposición Expometeoro cedida por MeteoGalicia dentro do proxecto Meteoescolas no que participamos.

A nosa canteira de pequenos meteorólogos visitou o luns a exposición:

6ºinfantil visita Expometeoro
 

Se queres facer unha visita virtual preme na imaxe:

Expometeoro

Recital do Día da Paz

Hoxe celebramos o noso xa tradicional recital do Día da Paz, que este ano tivo que ser no centro e non na Casa de Cultura, como viña sendo habitual, por mor do mal tempo que nos impediu desprazarnos a esta. Alumnos dos catro cursos de ESO recitaron para os seus compañeiros poemas de Ángela Figuera Aymerich, Adonis, Blas de Otero, Anna Akhmátova, Celso Emilio Ferreiro, Miguel Hernández, José Agustín Goytisolo e Eugénio de Andrade. Leron tamén un anaquiño dun discurso de Martin Luther King e outro anaquiño do discurso final que pronuncia Charles Chaplin na película O gran ditador. No blogue da biblioteca podedes atopar diversas entradas sobre este conmemoración e enlaces de interese.

 

Guía de suxestións de lectura de Nadal para ESO

A nosa guía de suxestións de Nadal para ESO xa está lista. Podes descargala premendo aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut