Skip to Content

Secundaria

Guía de suxestións de lectura para o verán

Guía de suxestións de libros en inglés

O Departamento de Lingua Inglesa e a Biblioteca veñen de elaborar unha guía de libros en inglés para a ESO.

Portada

Día Mundial da Auga: suxestións de lectura

A Asemblea Xeneral das Nacións Unidas adoptou o 22 de decembro de 1992 a resolución pola que o 22 de marzo de cada ano se declara Día Mundial da Auga. Dende a biblioteca queremos contribuír a este día cunha selección de lecturas sobre a auga. Agardamos que vos guste e esperámosvos onde o mundo se chama biblioteca.

Programa Voces de Ferrol de RadioVoz en directo dende o noso centro

Día de Rosalía

Co gallo do Día de Rosalía elaboramos unha guía con suxestións de libros e CDs. Agardamos que vos guste e lembrade que aquí atoparedes máis información sobre as propostas que as bibliotecas escolares están a desenvolver para este día.

Tendal da poesía

Ao longo desta semana poderedes expoñer os vosos poemas de amor no noso "tendal da poesía".  As opcións son diversas: copiar o teu poema favorito, crear un poema, elaborar un centón...

Aquí poderedes atopar as fotografías do tendal do curso pasado.

Distribuir contido