Bases do concurso" Investigación e ciencia"

II Concurso “Investigación e ciencia”

 

Os departamentos de ciencias do CPI de San Sadurniño en colaboración coa biblioteca escolar deste centro organizan o II Concurso “Investigación e ciencia”.

 

Participación

Poderán participar todos os alumnos e alumnas de ESO do centro.

 

Modalidades

Establécese unha soa modalidade de participación:

  • Informe científico sobre unha pequena investigación científica caseira.

 

Valorarase

A linguaxe científica empregada, a redacción axeitada ao estilo científico, a profundidade de investigación elixida, a orixinalidade da mesma e as conclusións ás que chegou o autor da investigación.

 

Presentación

A data límite de presentación é o 9 de novembro de 2012.

 

Premios

Os premios serán o seguintes:

  • Primeiro premio.

  • Segundo premio.

 

Xurado

O xurado estará integrado por dous profesores dos departamentos de ciencias do centro e un membro da dirección.

 

 

A participación no concurso implica a aceptación das bases anteriores