Skip to Content
Imaxe de biblioip

GUIA DE LECTURAS SOBRE OS DEREITOS HUMANOS. NADAL 2013

Este curso imos traballar no Colexio sobre ss Dereitos Humanos. Nesta guía tedes varias suxestións de libros que nos falan dos dereitos das persoas e dos nenos ou de situacións nas que os Dereitos Humanos non se respectan. Aproveitade para pedirlle algún a Papá Noel ou aos Reis Magos.

RESULTADO DO SORTEO DA CESTA DE NADAL

Os nosos parabéns a Mónica Calvo, que resultou gañadora da cesta de Nadal valorada en 200 euros que os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO sortearon para sufragar parte dos gastos da súa excursión fin de curso a Andalucía. Aquí tedes a papeleta gañadora.

RESULTADO DO SORTEO DA CESTA DE NADAL

ÉXITO NA OPERACIÓN QUILO

Queremos agradecer a colaboración de todos na campaña de recollida de alimentos que levamos a cabo estes últimos días. Xa temos datos e consideramos que foi todo un éxito. Foron uns 400 kg de alimentos que repartimos a medias para Cáritas e para a cociña económica de Ferrol.

Grazas a todos os que participastes por facer que un pouco para vós sexa moito para outros

ÉXITO NA OPERACIÓN QUILO

Días 18 y 19 Curso de Primeros Auxilios

RCPDurante estos dos días los alumnos de 4º de ESO recibirán una formación  básica, de10 horas de duración ,  en prevención y actuación en caso de accidente.

Son ya 15 años  ininterrumpidos los que llevamos  con esta iniciativa, organizada desde el Departamento de E.F   y enmarcado en un convenio entre el ANPA,  CPI San Sadurniño y el Concello de San Sadurniño
 
El curso será impartido por:

- Michel Villar: Fisioterapeuta, Instructor de DESA, trabaja como bombero para el Consorcio Provincial de Bomberos de A Coruña.
 
- Eduardo Lourido: Bombero en el  Consorcio Provincial de Bomberos de A Coruña, técnico en primeros auxilios.
 
- Cristina Calvo: Técnico Superior  en Actividades Físicas y Animación Deportiva, Socorrista.
 
 Tenemos que agradecer la  colaboración  de distintos organismos como  la  Fundación IDISSA, el Servicio de pediatría del Arquitecto Marcide  y el  INEF Galicia , que a lo largo de estos 15 años  nos han prestado, de forma desinteresada,  el material para el desarrollo de este cursillo.

CESTA DE NADAL PARA O SORTEO

Xa está exposta na secretaría do centro a cesta de NADAL ao completo que sortearemos maña no recreo de mediodía. ¡¡¡Entrarán na urna preto de 4000 papeletas vendidas¡¡¡

Como podedes comprobar xa ten o seu xamón e o seu queixo de primeira calidade, esperando ao afortunado gañador.

CESTA DE NADAL PARA O SORTEO

TARXETAS DE NADAL PREMIADAS

Xa temos os gañadores do concurso de tarxetas de Nadal. Os nosos parabéns especialmente para Estela Galdo, 1º premio.


A TARXETA GAÑADORA

Estela Galdo Fernández 


O resto son os seguintes.

INFANTIL

·        Á clase de 3 anos A

·        Á clase de 3 anos B

·        Á clase de 4 anos

·        Á clase de 5 anos

PRIMARIA

·        PRIM: Á clase de 1º Ed. Primaria

·        PRIM: Roi Picos Fernández

Mención: Adrián Bouza Carmona

·        PRIM: PRIM: Inés Arroyo Orro

Mención: Alejandro Vizoso

·        PRIM: Catalina Rodríguez Rico

Mención : Guillermo Vergara Casas

 

  •  5ºA  PRIM:  Estela Galdo Fernández

Mención : Alejandro Castrillón Rañal

. 5º B PRIM: Lucía Rodríguez Troncoso

Mención : Paula Rebollar Fernández

. PRIM: Gabriel Bouza Romero

Mención : Shaima Merzouk Guarddon

SECUNDARIA

·        1º ESO

Ø     Aldara Pérez Paz

Ø     Paula Fernández Pérez

·        2º ESO

Ø     Santiago Díaz Mera

 

 

 

Meteosansa

Meteosansa é o espazo no que iremos recollendo todo o traballo que durante este curso 2013-2014 fagamos dentro do grupo meteoescolas do plan proxecta.

Os 40 anos do colexio na prensa

Onte a prensa local facíase eco do noso aniversario. Botádelle unha ollada pinchando aquí

Máis referencias aos actos conmemorativos: en Galicia ártabra dixital

ou tamén no diario de Ferrol

 

40 anos ensinando en San Sadurniño

Onte cumprimos oficialmente 40 anos. Xa estamos na madurez...Polas aulas do colexio de San Sadurniño pasaron miles e miles de nenos e nenas. Detrás de cada un deles hai unha historia e ao seu carón sempre un recordo do sitio onde aprendeu a ler, onde fixo algúns dos seus mellores amigos, onde creceu como persoa.

Onte xuntámonos na Casa da Cultura algúns dos que estamos ou estivemos ligados dalgún modo a este colexio, e falamos diso. Unha hora e media compartindo lembranzas, anécdotas e vivenzas nun ambiente agradable e distendido, mirando de reollo ese pasado que nos trouxo ata aquí pero sen perder de vista ese futuro no que esperamos seguir ensinando e aprendendo, para que estes 40 anos sexan só os primeiros 40 anos.

parabéns a todos os que o fixeron posible.

menú decembro

Distribuir contido


by Dr. Radut