Skip to Content

PREMIO DE ROBÓTICA PARA O CENTRO

Aquí tedes a reseña que facía A VOZ DE GALICIA, na súa edición de Coruña, da entrega dos premios do 6º Concurso Galego de Robótica. O acto tivo lugar na Fundación Barrié de la Maza e nela, os nosos representantes de 1º ciclo recolleron o seu agasallo, acompañado polas profesoras María Estraviz e Julia Ríos.

Parabens a todos eles. Unha pena que a foto sexa tan pequena. No documento que se xunta tédela máis ampliada pero con bastante perda de resolución.

O que se confirma en todo caso é o bo traballo que María e Julia están a facer cos rapaces dentro dos Contratos-Programa da Xunta de Galicia nos que participa o colexio, dentro da súa modalidade de excelencia académica...e desde logo o ben que os alumnos/as o están a pasar desenvolvendo esta actividade.

PREMIO DE ROBÓTICA PARA O CENTRO

Reunións do Observatorio Convivencia e Consello Escolar

19/02/2014 11:00
19/02/2014 12:30
Etc/GMT+1

A reunión do observatorio será ás 11:00 e a reunión de Consello Escolar ás 12:00

Reunión Secundaria

20/02/2014 17:15
20/02/2014 19:00
Etc/GMT+1

Reunión de coordinación do profesorado de secundaria

VISITA DE XOSÉ NEIRA VILAS A SAN SADURNIÑO

85 anos recén feitos. Andar paseniño apoiado nun bastón. Algo de carraspeira. Unha imaxe de fraxilidade en definitiva que se difumina tan pronto como empeza a falar. "Eu querería estar aí sentado con vós nunha butaca. Pero, claro, non hai megafonía. E, ademais, agora que pasei o traballo de subir ao escenario...", dixo con voz firme e, ao tempo, cercana. Foi a presentación de Xosé Neira Vilas perante un auditorio de mozos e mozas que estudan a ESO en San Sadurniño. Rapazada con auriculares, móbiles e o proído propio da idade que, malia todo, quedou cautivada ao momento polo pensamento de quen viviu medio mundo "sempre en galego". Faloulles de todo un pouco: da súa obra, do labor da escrita, do valor da lingua... pero, sobre todo, deulles consellos sobre como converterse en persoas de proveito.

Fuxir da aula despois de xantar debe ser unha opción apetecible para calquera rapaz de hoxe nestes días previos ás vacacións. E máis aínda se a alternativa ás clases é encontrarse cunha lenda viva da nosa cultura, avalada pola súa traxectoria literaria e reivindicativa dunha lingua con entidade de seu.

Xosé Neira Vilas chegou a San Sadurniño pouco antes das catro da tarde acompañado do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e de representantes da editorial Embora, responsable da publicación de "Aquel neno", o seu último libro polo de agora. Na casa da Cultura agardábano impacientes medio cento de mozos e mozas que leron recentemente "Memorias dun neno labrego", a obra máis coñecida do escritor de Vila de Cruces e tamén a máis traducida e reeditada da nosa literatura.

"Memorias..." é, sen dúbida, a novela que mellor retrata o mundo creativo de Neira. Escribiuna na Arxentina, a onde emigrou con 19 anos empuxado por un afán de superación persoal e de "aprender o mundo". Alí formouse como contable, aínda que despois seguiu preparándose para encher a ansia de escribir, primeiro como xornalista e logo como poeta, ensaísta e novelista. "Na Arxentina foi onde descubrín Galicia", asegura Neira, para quen foi vital entrar en contacto coa intelectualidade galega no exilio. "Memorias dun neno labrego" é, segundo o autor, a resposta a unha visión estereotipada sobre o mundo rural galego "que sempre escribían os da cidade como se a aldea fose un mundo idílico e os campesiños fosen xente sempre feliz". "A aldea non era un paraíso", engadiu, en referenza a un tempo de penurias en que a xente tiña pouco máis que para subsistir e pagar rendas. "Quixen dicir a verdade xa que eu son un escritor aldeano que mamou eses problemas e por iso puiden escribir sobre eles."

O repaso da súa obra e dos máis de 40 anos pasados na América Latina servíronlle a Neira Vilas para traer ao caso o seu activismo "defendendo a cultura, incluso moitas veces diante dos propios galegos". No encontro cos rapaces quedou claro que para el a lingua e a cultura son dogma de fe e que o idioma pode abrir moitas portas. "Falando e escribindo en galego chégase a moitos millóns de persoas en todos os continentes", asegura Neira. Para el o galego "ten boa saúde, aínda que sempre se pode mellorar" e a súa pervivencia, cualificada polo escritor como "a creación máis importante de Galicia en 800 anos", depende en grande medida das xeracións máis novas. "O futuro do galego sodes vós", díxolles aos mozos e mozas, a quen lles lembrou que os únicos prexuízos que existen contra o idioma "téñenos os de aquí".

A charla de Xosé Neira Vilas viuse truncada polos bocinazos do autobús que agardaba no colexio polos rapaces. Despedírono con aplausos e pedíndolle que asinase libros, incluso rubricou autógrafos en blocs de notas ou follas soltas. O tempo esfúmase máis rápido do que parece entre lembranzas, preguntas e consellos, moitos consellos, e non só literarios. "Tedes que ler moito e traballar moito. Pero traballar coas mans: plantar unha semente, ver como medra...". "Axudade na casa, non hai traballos "de homes e de mulleres". E axudádevos uns aos outros". Consellos sobre crecemento persoal, igualdade e solidariedade provenientes dun home envestido de autoridade suficiente para aconsellar. A autoridade que non dan nin os títulos nin a escola, senón os anos e ter andado moito mundo.

VISITA DE XOSÉ NEIRA VILAS A SAN SADURNIÑO

MAÑÁ XOVES 6 FEBREIRO ALERTA LARANXA POR VENTOS, NON SE SUSPENDEN AS CLASES PERO SÍ AS ACTIVIDADES NO EXTERIOR

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, mañá quedan suspendidas as actividades no exterior do centro pero NON SE SUSPENDEN AS CLASES. LIGAZÓN


NON HAI FOLGA CONVOCADA POLO SINDICATO DE ESTUDANTES

Ante algunhas informacións sobre unha convocatoria de folga estudiantil para os vindeiros días 5, 6 e 7 de Febreiro, o propio SINDICATO DE ESTUDIANTES desminte esta convocatoria, tal e como se pode comprobar no seguinte enlace:

SINDICATO DE ESTUDANTES


 

MENÚ FEBREIRO

Día da Paz 2014

Ao longo da semana pasada realizamos diversas actividades relacionadas co Día da Paz:

  • Exposición de poemas sobre a paz no taboleiro da entrada.
  • Exposición de fondos relacionados coa paz na sala de secundaria da biblioteca.
  • Recital do Día da Paz para o alumnado do 1º ciclo de ESO. Participaron alumnos e alumnas dos catro cursos de secundaria recitando poemas relacionados coa paz de Miguel Hernández, Gloria Fuertes e Antonio Machado entre outros. Ademais, leron anacos do libro Trala liña do horizonte de Antonio García Teijeiro.

 Na nosa galería de imaxes podes atopar fotos das actividades realizadas.

CONCURSO DE ARTIGOS DE OPINIÓN FEBREIRO 2014

CONCURSO DE ARTIGOS DE OPINIÓN

FEBREIRO 2014

 

Organiza: Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI San Sadurniño

 

B A S E S

 

TEMA: Texto relacionado co tema da paz, Premios Nobel da Paz ou outro tema que destaque o traballo individual ou colectivo realizado pola paz mundial.

PARTICIPANTES: Alumno/as de Educación Secundaria e 3º ciclo de Educación Primaria

MODALIDADE: Artigo xornalístico de opinión.

FORMATO: Texto manuscrito en folios tamaño A4.

NÚMERO DE TRABALLOS: Os traballos serán orixinais e realizados individualmente. Cada participante poderá presentar tantos como desexe.

VALORARASE: redacción, argumentación, investigación, presentación,…

ENTREGA: O prazo de entrega terá como límite o xoves, 20 de febreiro.

PREMIOS: Haberá premios para os tres mellores artigos.

Farase a entrega dos mesmos na última semana do mes de febreiro.

 

XURADO: Está constituído por membros do Equipo de Dinamización da Lingua e profesores de Lingua e Literatura

O fallo do xurado, que será inapelable. Nos días previos a esta data os traballos serán expostos ó público nos corredores do Centro. O xurado resérvase o dereito de descalificar calquera traballo que, ao seu xuízo, fose realizado por unha persoa diferente ao concursante, empregase a técnica de calco ou non reunise as condicións sinaladas nestas bases.

Os traballos gañadores quedarán en propiedade do Colexio e poderán ser publicados..

O feito de participar neste concurso conleva a aceptación de todos e cada un dos puntos destas bases.

San Sadurniño, 24 de xaneiro de 2014

 

Imaxe de biblioip

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2014

Para conmemorar o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e da Paz imos aprender moitas cousas sobre a vida de Nelson Mandela.

Aquí tedes unha pequena biografía, que podedes consultar premendo sobre a imaxe.

E para os máis pequenos podedes consultar este enlace:

 

As actividades que realizamos o día 30 foron as seguintes:

 

Shosholoza:

Esta canción é unha canción tradicional do sur de África. As orixes de Shosholoza remóntase á época das minas de ouro e diamantes de Sudáfrica. Cantábana os traballadores que se desprazaban en tren moi lonxe dos seus fogares de camiño ás minas, nunha época mandada pola explotación e a inxustiza duns cantos sobre a maioría.

A maior parte da súa letra está en zulú, unha das linguas oficiais de Sudáfrica. Fíxose coñecida grazas ao Mundial de Rugby que organizou Nelson Mandela en 1995.

E aquí tedes o baile que fixeron os alumnos de infantil e primaria cos seus profesores.

Distribuir contido


by Dr. Radut