Skip to Content

PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO POR LIBRE

Xa saiu a convocatoria deste ano que regula as probas que dan acceso por libre a modulos formativos de grao medio. Consulta a páxina da consellería onde atoparas toda a información ao respecto facendo clic aquí.

Neste outro enlace atoparás concretamente todo o referente á convocatoria deste ano.

Lembra que terás que cubrir a solicitude e presentala nun centro de Ferrol con módulos formativos antes do 11 de abril. O 20 de maio comunicaranche onde farás a proba e o 4 de xuño, de 9:00 a 18:00h terás nese centro as tres probas escritas. O 13 de xuño publican as cualificacións provisionais e o 27 as definitivas.

Sorte se o intentas¡¡¡

 

RESULTADO DO CONCURSO DE ARTIGOS DE OPINIÓN

Concurso de artigos de opinión 2014

(Organizado polo EDLG)

 

Relación de premiados:

 

Carla Cibreiro Barro 4º B - Bob Marley e a Paz

Carlos Martínez Romero 4º B – A Paz.

Antón Castro Charlón 1º A – Inmigrantes na fronteira de Ceuta.

Aldara Pérez Paz 1ºB – Símbolos da Paz

RESULTADO DO CONCURSO DE SOBREMESAS DE ANTROIDO

 

Concurso de sobremesas de Antroido 2014

(Organizado polo equipo de actividades extraescolares)

 

Relación de premiados:

 

1º Premio

Diego Fernández Rañal

 

Follas de limón e Filloas                     

Follas de limón:                                        Filloas

200 gr de fariña                                    1 litro de leite enteira

6 ovos                                                   6 ovos

125 ml de leite                                      280 gr de fariña

½ sobre de lévedo Royal                   1 chisco de sal

Follas de limoeiro                                 1 vaso de anís

Azucre glass                                          3 culleradas de azucre

Raiadura dun limón

                                                       

2º Premio

Lucía e Aroa Chao Picos

 

Almendrucos

Por cada ovo tres culleradas  de azucre (3 ovos)

Un chupito de anís

100gr de améndoa moída

3 vasos de fariña

Mesturar todos os ingredientes, amasar, estirar, facer boliñas con forma e tamaño dunha améndoa e fritir en aceite.

 

3º Premio

Ana Fraga Veiga e Nerea Gundín Fraga

 

Torradas

2 barras de pan ( do día anterior)

1 litro de leite

2 vasos de anís

2 ovos

canela

azucre

aceite de oliva

Mesturar o leite e o anís nunha cazola e poñer no lume, engadir un toque de canela ”ó gusto” (como facía a miña avoa), remover un pouco ata que empece a ferver. Deixamos repousar.

Cortamos o pan en rebandas un pouco grosas, somerxemos as rebandas do pan no leite co anís temperado ata que empapen ben, deixámolas nunha fonte entre 5 e 10 minutos repousando. Por último batemos os ovos e rebozamos as torradas, ás fritimos e ás  poñemos a escorrer no papel absorbente e engadimos azucre por enriba.

 

 

 

 

menú marzo

REUNION PROFESORADO 1º ESO

06/03/2014 17:00
Atlantic/Bermuda

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN Ó CENTRO

INFORMACIÓN SOBRE PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

PARA O CURSO 2014-2015

  1. NORMATIVA REGULADORA

  1.  
    • Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro 2012)

    • Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo 2013)

    • Corrección de erros á orde (DOG do 24 de abril 2013)

    • Hai copia desta normativa na Secretaría do Centro para a súa consulta.

  1. INFORMACIÓN XERAL DO CENTRO

  1.  
    • O Proxecto educativo do centro pode ser consultado na páxina web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/cpisansadurnino/system/files/PEC_1.pdf

    • A zona de influencia do centro será a que se establece no Proxecto educativo do Centro.

    • Para calquera información relativa aos servizos, horarios, ensinanzas, instalacións, etc propias do centro, consultar co equipo directivo ou na páxina web do centro.

    • O CPI de San Sadurniño é un centro de titularidade pública que ten adscritos o CEIP de San Ramón de Moeche e o CRA de Narón.

  • O CPI de San Sadurniño ofrece servizo de comedor e transporte escolar todos os días lectivos da semana.

  • Ten dereito a transporte escolar e comedor o alumnado que reside na zona de influencia establecida para o centro pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e vive a máis de 2 Km do centro.

Os que residen fora da zona de influencia do centro poderán solicitar, cada curso, o uso de transporte e comedor sempre e cando se dispoña de prazas e non se modifique a ruta.

  • O servicio de comedor se regirá polo Decreto 132/2013 do 1 de agosto (DOG do 13 de agosto de 2013) polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería con competencias en materia de educación.

  • Garantía de Permanencia: O alumnado matriculado nun centro docente público ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e dentro do prazo establecidos nesta orde e, ao mesmo tempo, deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.

Os centros que admitan a alumnado procedente doutro centro, comunicaranlle a este a súa admisión. O alumnado que resulte admitido no novo centro perderá o dereito de per­manencia no centro de orixe.

  1. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  1.  
    • Solicitude (Anexo II dispoñible na secretaría do centro, na páxina web do Centro ou no portal da Xunta). Deberá estár firmada polos dous pais , de ser o caso.

    • Copia do DNI do alumno/a ou da páxina do libro de familia onde se acredite a súa idade

    • Copia dos DNIs dos pais ou titores legais.

    • Certificado do Padrón municipal onde figuren todos os membros da unidade familiar e a data de Alta na vivienda.

    • Certificado de matrícula do centro do que proceden, se é o caso.

    • Na reserva de praza terá que facerse constar o desexo de usar transporte e comedor.

    • A documentación terá que ser selada no centro e o interesado recibirá unha copia con data e selo de entrada que acredite a presentación da solicitude.

    • Se o/a alumno/a se escolariza por primeira vez no centro SERÁ PRECEPTIVA UNHA ENTREVISTA COA ORIENTADORA DO CENTRO, co fin de detectar necesidades de apoio educativo. Terán que pedir cita e terá que estar o alumno.

  1. LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

  1.  
    • Na secretaría do centro que solicita en primeiro lugar.

    • Poderá consignar na solicitude ata outros 6 centros nos que estea interesado.

    • NUNCA se presentará máis dunha solicitude aínda que se pida máis dun centro. Sempre unha solicitude no primeiro centro de interese.

    • A duplicidade de solicitude ou a falsidade documental fará INEFICAZ a solicitude e o caso pasará á comisión de escolarización da zona educativa correspondente.

 

5. VACANTES E CALENDARIO

 

NIVEL ACADÉMICO

Nº total de PRAZAS

Nº RESERVAS DO CENTRO E CENTROS ADSCRITOS

RESERVA NEAE

Nº DE PRAZAS VACANTES

4º Ed. Infantil

25

0

3

22

5º Ed. Infantil

50

27

 

24

6º Ed. Infantil

25

18

 

7

1º Ed. Primaria

25

26

0

0

2º Ed. Primaria

25

21

 

4

3º Ed. Primaria

25

22

 

3

4º Ed. Primaria

25

18

 

7

5º Ed. Primaria

25

20

 

5

6º Ed. Primaria

50

28

 

22

1º ESO

60

19+7

3

31

2º ESO

60

32

 

28

3º ESO

60

35

 

25

4º ESO

60

30

 

30

 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN Ó CENTRO PARA O CURSO 2014-2015

Presentación solicitude admisión

anexo II da Orde de admisión,

DO 6 AO 20 DE MARZO

Presentación de documentación xustificativa, (de solicitala o centro, ver punto 6) O 21 de marzo notificarase na web do centro e no taboleiro si é necesario aportar documentación

24 MARZO AO 4 ABRIL

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

ANTES 25 ABRIL

Publicación das listaxes definitivas

ANTES 15 de MAIO

Formalización da matrícula en EI e EP

(anexo III-1 da Orde de admisión)

DO 20 AO 30 DE XUÑO

Formalización de matrícula en ESO

(anexo III-2 da Orde de admisión)

DO 25 DE XUÑO AO 10 DE XULLO

Prazo extraordinario de matrícula en ESO

DO 1 AO 10 DE SETEMBRO

 

6. PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN DE MÉRITOS ALEGADOS

 

  1.  
    • SÓ NO CASO DE HABER MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS o 21 de marzo notificarase na Web do Centro e no taboleiro si será necesario aportar máis documentación e convocar consello escolar para establecer a orde de admisión en función da documentación acreditativa de cada situación (Baremación).

    • No consello escolar celebrado o día 19 de febreiro decidiuse non establecer un criterio complementario de centro.

Día de Rosalía

Este curso decidimos conmemorar esta data lembrando Follas novas

ENTROIDO 2014 - OS MANDADOS DO MECO

O Entroido vai comezar

e nesta entrada cada día

os mandados podes atopar.

 

O LUNS É O PRIMEIRO

TOCA VIR CUN SOMBREIRO

QUE TAPE O CABEZÓN ENTEIRO.

 

O MARTES TOCA FOTOS:

UNHA CÁMARA NO PESCOZO.

PARA QUE SEXA DIVERTIDA

TRAE UNHA DE MENTIRA.

 

O MÉRCORES COLLE OS COMPLEMENTOS

CON BOLSIÑO E UNHAS GAFAS

PASAREMOS BOS MOMENTOS.

 

PARA O XOVES SE HORTERA

TRAE BLUSA COLORIDA OU "GUAYABERA"

COMBINADA CO SOMBREIRO

QUE TAPA O CABEZÓN ENTEIRO.


 

 



Concurso logotipo CPI de San Sadurniño

BASES DO CONCURSO DO LOGOTIPO DO CPI DE SAN SADURNIÑO

1 – Concurso: O CPI San Sadurniño convoca o concurso coa finalidade de seleccionar un logotipo que sexa representativo do noso centro e de doada aplicación en distintos tamaños e soportes.

2 - Participantes: Pode participar calquera persoa vinculada coa comunidade escolar do centro; alumnado, pais e nais, profesorado e persoal non docente.

3 – Prazos: A data límite para a presentación de traballos remata o 10 de Marzo

4 – Requisitos: Cada participante poderá presentar tantos deseños como estime oportuno sempre que sexan orixinais e non empreguen materiais alleos protexidos por dereitos de autor. Tanto a técnica como o formato son libres. Cada deseño terá unha versión a cores e outra en branco e negro. O gañador cederá os dereitos de uso do logotipo seleccionado ao CPI san Sadurniño.

5 – Presentación: Os traballos serán presentados en formato dixital como imaxe de mapa de bits ( jpg, png, bmp, gif ), imaxe vectorial ( svg ) ou en formato pdf. O peso de cada ficheiro non excederá de 1Mb e serán enviados ao enderezo electrónico do centro ( cpi.sansadurnino@edu.xunta.es ) co asunto: Concurso logotipo, Na mensaxe figurará tamén o no nome e apelidos do autor, idade, enderezo, e teléfono e/ou correo electrónico.

6 –Xurado e premios: O xurado estará composto por representantes do Consello escolar do centro constituídos en comisión a tal efecto. O xurado terá en conta a orixinalidade e representatividade do deseño, a factura e execución do mesmo e a posibilidade de aplicalo en distintos tamaños cores e soportes.

En calqueira caso a comisión estará formada por:

  • O director ou persoa en quen delegue

  • Un xefe de estudos

  • Un membro do sector profesorado de primaria

  • Un membro do sector profesorado de secundaria

  • Un membro do sector alumnado

  • Un representantes dos pais e nais

  • A representante do persoal non docente

  •  

As persoas participantes no concurso non poderán formar parte desta comisión.

O premio único para o logotipo seleccionado consistirá en material deportivo, escolar ou informático por valor de 60 euros, xustificado con factura a nome do CPI de San Sadurniño

 

A decisión do xurado será inapelable e a participación no concurso supón a aceptación das bases do mesmo.

 

 

PREMIO DE ROBÓTICA NA VOZ DE GALICIA

Desta volta o tratamento que fixo o diario da Voz de Galicia, na súa edición de Ferrol, foi moito máis detallado. Na fotografía xa se pode comprobar o ben que o pasaron Xabier, Antón e Samaín. 

Botalle unha ollada á noticia en

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/02/18/alumnos-san-sadurnino-ganan-concurso-galego-robotica/0003_201402F18C8993.htm#.UwMLJQKdPVw.facebook

PREMIO DE ROBÓTICA NA VOZ DE GALICIA
Distribuir contido


by Dr. Radut