As solicitudes de axudas deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia.
As familias que non teñan posibilidades de facer esta tramitación, poden facela a través do centro, para iso deben aportar por vía telefónica (de 9:30 a 13:30 h) chamando ao telf: 881 880501 e/ou por e-mail: cpi.cruce@edu.xunta.es os seguintes datos:
a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.
Se algunha familia non quere facilitar a conta bancaria pode autorizar á Xunta a consulta de datos
O centro xa se encarga tramitalo