TOMANDO IMPULSO
Unha nova reunión pero desta volta para para avaliar o que levamos de actividade, propoñer os cambios que se considerasen oportunos e organizarnos de cara ao novo trimestre despois do descanso do Nadal.
Así, acordamos a orde de lectura: como só mercamos tres exemplares de cada título, a cada persoa lle corresponde unha semana o manga (despois ten que pasalo á seguinte compañeira) de tal forma que ao cabo dun mes todos o lemos e podemos reunirnos para comentalo. Deste xeito tentaremos que a cadea de lectura non se rompa.
A orde establecida é a seguinte:
exemplar nº1: Alba, Carla, Antonio e Joel
exemplar nº2: Noelia, Antía, Celia e Elia
exemplar nº3: Richy, Michelle, Lucía e Helena
Ademais decidimos ler a continuación o manga Death note, escrito por Tsugumi Oba e ilustrado por Takeshi Obata, para o martes 7 de febreiro.
Por último, aproveitamos a xuntanza para propoñer novos títulos para o que queda de curso. Algúns dos que se citaron foron: Yotsuba, A silent voice, Black butter, Haikyu, 7 pecados capitales e Grand blue. Intentaremos conseguilos.