Skip to Content

Microrrelatos 25N (9ª entrega)

«Unha muller estaba vixiando aos seus fillos que xogaban no xardín, pero pola súa mente só pasaban imaxes de escenas ficticias que poderían chegar a ser verdade. Non podía parar de pensar niso: quería estar preparada. Preparada para defender os seus fillos, porque ela non tiña medo de seu home. Un home ao que xa non recoñecía, que non era a mesma persoa atenta e cariñosa que sempre a protexía...

Agora, en cambio, era ela a que se tiña que protexer del, dun ser lamentable e repugnante, que só sabía facerlle mal á súa familia. Pero ela non tiña medo do que el lle puidese facer, de que lle pegase ou gritase. Non. Ela tiña medo de que chegase o día no que non o puidese controlar e lle fixese dano ao que máis quere: aos seus fillos. Por iso non pode deixar de pensar maneiras de protexelos.

Pero, a pesar de todo, nunca pensou denuncialo ou falar con alguén. Porque ao seu home non lle ten medo, pero ao que dirá a xente... á posibilidade de que non a crean... iso si que a aterroriza.»

Manuela Varela Regueiro



story | by Dr. Radut