Skip to Content

Microrrelatos 25N (8ª entrega)

«Os insultos, as afonías e os golpes xa se fixeran rutina na casa. Seu pai dicíalle que só xogaban, pero como ela era un pouco torpe sempre caía. Debido a que a nai asentía, Lara nunca facía preguntas. A cativa tapaba os oídos con todo o que se lle poñía por diante, coa intención de escoitar o menos posible. Colleu papeis e rotuladores para facer a tarefa da escola, estaban estudando as cores a través do arco da vella. Aparentaba ser un arco calquera. A verdade é que non o era. Non o pintaría unha nena da súa idade: era en cores grises e escuros, coma se representara a súa vida no debuxo. Ela intentaba desconectar pero os berros eran cada vez maiores e facíaselle imposible. Rompeu o folio e colleu outro. Pintou unha porta e cerrando os ollos imaxinouse que entraba nela pero, de súpeto, os berros volveron retumbar nas paredes. Abriuse a porta do cuarto e unha voz grave e enfadada díxolle: “Lara, marchamos para o hospital que túa nai caeu polas escaleiras”.»

 

Paula Lista Mosquera



story | by Dr. Radut