Skip to Content

Microrrelatos 25N (7ª entrega)

«Aquela mesa recollera miles de gotiñas salgadas, pelos separados, mocos... Entre o gran da madeira, a sucidade acumulada e os rastros de bágoas, debuxáronse figuras estrañas que parecían xurdir no taboleiro e bailar borrosas na superficie. Era a mesa do Xulgado de violencia de xénero sobre as mulleres. Cantos berros escoitara! Cantos nervios a fixeran tremer!

Ante ela sentaban nais, fillas, irmás, amigos e amigas. 

Cada un tiña a súa historia. Ás veces longa e ás veces curta. Cheas de insultos, golpes ou ameazas. Ou todo á vez.»

Miguel Arcay Lozano



story | by Dr. Radut