Skip to Content

Club de calceta

O club da calceta é unha novela escrita por María Reimóndez. Esta obra tivo moito éxito cando foi publicada en 2007 e foi adaptada ao teatro.

 

 

Obra de teatro

 

María Reimóndez, a propósito da obra de teatro, escribiu a seguinte entrada no seu blog:

 

O teatro é unha catarse, sen dúbida, e cando unha está dentro e fóra ao mesmo tempo, como é o meu caso, unha catarse cósmica. Porque me sinto parte cando oio nas súas voces cheas de matices o meu texto (grazas a Celso Parada, claro está), cando vexo como o público ri ou fica en tensión coas palabras que saen dos seus beizos. Mais ao tempo fico fóra, abraiada pola grandeza creativa, polo traballo teimudo e a capacidade de mutación destas sete mulleres marabillosas que fixeron do papel a carne e o óso. Houbo unha época dura, moi dura para min a primeiros de este ano, cando a obra se estreou en Galicia, que acudir á representación era unha terapia. Un sentirme acompañada en moitas cousas ao ver o teatro cheo, o público a aplaudir. Pensando entón que o que defendo non debe estar tan mal, que non debo estar tola por buscar un mundo onde non se me trate como tal, onde as mulleres poidamos ser e vivir plenamente. 

 

 

Este ano decidimos facer un club de lectura deste outro club.

Implicadas no desenvolvemento

Implicadas no desenvolvemento (facebook)

Blog de María Reimóndez

 

Le máis sobre as nosas actividades en Moito Conto



story | by Dr. Radut