blogue dedgayoso

ENQUISA PARA 2º ESO. MATERIA: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES

Tedes que contestar unha sinxela enquisa sobre alimentación.

Podedes atopala en EDIXGAL.

MARATHON NA CASA

Estes días estamos vendo como as nosas actitudes teñen repercusións en toda a comunidade.

O centro educativo non é unha excepción. O profesorado esfórzase por seguir facendo o seu traballo. Moito alumnado conseguiu adaptarse e traballa, enviando tarefas, exercicios, conectándose a videoconferencias...

Temos a xente que vai máis aló, e desinteresadamente propón imaxinativas actividades para todos.

Unha alumna de 1º da ESO envioume unha actividade moi divertida.

Desde o mundo virtual dámoslle as gracias a esta nena.

O marathon en casa é un xogo no que mézclanse todas as materias en trabállanse moitas habilidades.

Está especialmente recomendado para o alumnado de primaria, ainda que calquera pode participar.

Adxúntovos o arquivo.

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 3º DA ESO.

TAREFA FORA DO PRAZO

Rematamos a parte do quecemento con esta última tarefa: prepara un quecemento para facer ximansia acrobática.

Recorda as correccións do anterior traballo. Aprende dos teus erros.

Tes un ficheiro coa solución ao quecemento da carreira de 100 mv.

Todas as instrucións están na aula virtual.

TAREFA DE PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES. 2º DA ESO

TAREFA FORA DO PRAZO

Tes que clasificar todos os alimentos que inxires ao longo dunha semana.

Despois tes que facer unha reflexión sobre ese traballo.

Toda a información a tes en EDIXGAL.

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 4º DA ESO

TAREFA FORA DO PRAZO

PLANIFICA ACTIVIDADES FÍSICAS PARA TODA A SEMANA.

TEDES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL.

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 1º DA ESO

TAREFA FORA DO PRAZO

DESEÑAMOS UNHA COREOGRAFÍA

TEDES TODA A INFORMACIÓN DA TAREFA EN EDIXGAL.

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 3º DA ESO

Deseña un quecemento para unha carreira de 100 metros valados

Tedes toda a información na aula virtual.

Leede atentamente as instrucións.

O límite de entrega desta tarefa é o 23 de abril.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES FÍSICAS. TAREFA PARA 2º DA ESO.

Bos días:

Na materia de Educación Física o alumnado de 2º da ESO ten que realizar un calendario de actividades.

Toda a información a atoparás en Edixgal.

ENQUISA SOBRE O TABACO. TAREFA PARA 1º DA ESO.

Bos días:

Dentro da materia de educación física, o alumnado de 1º da ESO ten que cubrir unha enquisa sobre o tabaco.

Esta actividade forma parte do programa Clases sen Fume.

Para cubrir a enquisa diríxete a Edixgal, alí atoparás a tarefa.

ESTIRA NA CASA

Estes días pasamos moito tempo inactivos e o corpo reséntese. O mantemento dunha mesma postura causa tensións musculares, molestias e ata dores articulares.

  • POR QUE DEBERÍAMOS FACER EXERCICIOS DE FLEXIBILIDADE?

Contribúen ao benestar físico e psicolóxico.

Melloran a postura corporal.

Incrementan a mobilidade e o rendemento físico.

Evitamos lesións.

Melloran a conciencia e o control corporal.

  • CANDO FACELOS?

Cada corenta ou cincuenta minutos, levántate e estira.

Podemos facer estes exercicios en calquera momento:

Aproveita os descansos do estudo.

Faino ao espertar.

Na volta á calma tras un exercicio máis intenso.

Nunha sesión específica de flexibilidade...

  • COMO FACELOS

Fai movementos controlados, suaves e moi progresivos, verás que o músculo adáptase. Pouco a pouco no mesmo día vai gañando flexibilidade.

Mantén a postura durante ao menos 5 segundos.

Explora as posibilidades de cada articulación. Hai algunhas como o ombro ou a cadeira que teñen moita liberdade de movementos, outras non tanto.

Articulación da cadeira.                                 Articulación do cóbado.            

É como unha semiesfera.                   So ten unha posibilidade de movemento                 

Pode moverse cara a todos os lados

Non sofras, so tes que notar a tensión muscular e controlala.

Se é unha sesión específica de flexibilidade podemos traballar máis a fondo, e aumentar pouco a pouco o ángulo da articulación.

Busca un lugar e un momento de tranquilidade e relaxación.

Recorda,busca a adaptación do exercicio a ti mesmo/a e non ao revés.

Se tedes compañía na casa, podedes traballar xuntos a flexibilidade.

  • QUE PARTES DO CORPO TRABALLO?

Non te adiques só a un grupo muscular.

Traballa todas as partes.

  • QUE EXERCICIOS FACER?

Podes estirar todos os músculos do corpo.

Hai moitos exercicios que facer, cada día proba uns diferentes, non te quedes sempre nos mesmos.

Se fixeches unha sesión de forza, céntrate nas zonas musculares que traballaches.

ESTIRAMENTOS DOS MEMBROS INFERIORES

 Enlaces de interés

https://www.youtube.com/watch?v=YQQfhILVR7c

https://www.youtube.com/watch?v=txsha7BIlDo

ORIXINAL RECOMENDACIÓN DUNHA ALUMNA E OUTRAS PROPOSTAS DE EXERCICIO

PÓDESE XOGAR Á OCA E FACER EXERCICIO?

Bos días:

Durante estas semanas chéganme multiples ideas de actividade física na casa:

  • Temos a moitos alumnos e algúnha profesora facendo tábatas (series de exercicios moi intensos e con pouco descanso).
  • Tamén hai os que fan hiits (exercicios de baixa intensidade combinados con exercicios de alta intensidade).
  • Alumnado que corre pola casa.
  • Algunha alumna que adestra a baloncesto.
  • Outros/as que fan parkour.
  • Hai quen salta na cama elástica.
  • Unha alumna que sigue unha aplicación:"Rutinas de entrenamiento en casa".
  • Xente que traballa con bandas elásticas.
  • Temos os que teñen a TRX  amarrada a unha porta.
  • Os afortunados que teñen bici estática ou cinta de correr.
  • Algún profesor con elíptica na casa.
  • Ou os máis afortunados que corren pola finca.
  • Os hai que fan os diferrentes retos do papel hixiénico.
  • Ou o reto de dar a volta á silla ou á mesa sen tocar o chan (coidado cos mobles!).
  • Hai algunha que ten rodillo para montar en bicicleta na casa.
  • Xente que fai as labores da casa ou da finca.
  • Os que bailan en familia.
  • Algunha que fai pesas coas botellas da auga.
  • Outra que fai ximnasia e xa fai o pino.
  • E outra para mellorar a resistencia aeróbica sube e baixa escaleiras.
  • Temos unha alumna que vendo que este ano non hai olimpiadas, organizouse uns Xogos Olímpicos na casa.
  • E como colofón unha alumna proponnos xogar á OCA.
  • As ideas que aportedes as iremos colocando aquí.

         ADXUNTO O XOGO PARA QUE PODADES DESCARGALO.

           XOGADE EN FAMILIA, EN REDE, SÓS...

Deseña unha sesión de exercicios para facer na casa

INSTRUCIÓNS DA TAREFA : Explica unha sesión de exercicios que esteas a facer na casa.

Completa cada unha das partes da sesión.

Explica en cada sección porque fas eses exercicios. Por exemplo: para preparar o corpo para actividade seguinte; para mellorar a forza, a resistencia, a flexibilidade, a velocidade...; para mellorar a coordinación en zumba, baloncesto, parkour...; para traballar todas as partes do corpo; para non lesionarme; para facer mellor os exercicios; para recuperar; para recuperar os músculos...

As primeiras veces e mellor facer as sesión cunha idea aproximada do que quero traballar e despois apuntalo. Xa que o que escribes pode ser demasiado esforzo ou moi pouco. De esta maneira apuntas o que fas non o que cres que vas facer.

Indica o tempo de actividade total (por exemplo: 1 hora 5 minutos) e a data da sesión.

Recorda que o exercicio ten que estar adaptado a cada persoa.

Selecciona os exercicios e a intensidade dos mesmos de acordo coa túa capacidade.

Envía o traballo ao seguinte @mail: dgayoso2011@gmail.com

TEDES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL

Deseña unha sesión de exercicios para facer na casa

INSTRUCIÓNS DA TAREFA :

Explica unha sesión de exercicios que esteas a facer na casa.

TES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL

Deseña unha sesión de exercicios para facer na casa

INSTRUCIÓNS DA TAREFA :

Explica unha sesión de exercicios que esteas a facer na casa.
Completa cada unha das partes da sesión.
Explica en cada sección porque fas eses exercicios. Por exemplo: para preparar o corpo para
actividade seguinte; para mellorar a forza, a resistencia, a flexibilidade, a velocidade...; para
mellorar a coordinación en zumba, baloncesto, parkour...; para traballar todas as partes do
corpo; para non lesionarme; para facer mellor os exercicios; para recuperar; para recuperar
os músculos...
As primeiras veces e mellor facer as sesión cunha idea aproximada do que quero traballar e
despois apuntalo. Xa que o que escribes pode ser demasiado esforzo ou moi pouco. De esta
maneira apuntas o que fas non o que cres que vas facer.
Indica o tempo de actividade total (por exemplo: 1 hora 5 minutos) e a data da sesión.
Recorda que o exercicio ten que estar adaptado a cada persoa.
Selecciona os exercicios e a intensidade dos mesmos de acordo coa túa capacidade.
Envía o traballo ao seguinte @mail: dgayoso2011@gmail.com

TEDES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL

QUE EXERCICIOS ESTÁS A FACER NA CASA?

Bos días:

Cóntame unha alumna de 3º que para facer exercicio, ela corre pola casa, di que cada día fai entre 5 e 6 quilómetros. E que agora está colléndolle o gusto ao runnning.

Outro alumno de 1º dime que usa os mobles da casa para facer exercicio, flexións debaixo da mesa, pasavallas apoiándose nunha cadeira...

Dúas alumnas de 2º están inventando uns pasos de baile, e cando se volvan a atopar farán a coreografía xuntas.

E ti? que estás a facer na casa?

Podes mandar as túas ideas ou suxestións, seguro que terá utilidade para alguén.

Manda o que estas a facer a: dgayoso2011@gmail.com.

Diremos o pecado pero non o pecador/a (non publicaremos o teu nome)

Ánimo.

MELLORA A POSTURA CORPORAL

RECOMENDACIÓNS DE ACTIVIDADES PARA PASAR A

CORENTENA

Estes días pasamos moito tempo inactivos e o corpo reséntese. As posturas estáticas durante períodos prolongados causan dores articulares e tensións musculares.

  • Non pases moito tempo seguido na mesma posición.

  • Cada corenta ou cincuenta minutos tómate un respiro, levántate, deambula un pouco pola casa, asómate á fiestra, fai algo de mobilidade articular ou algúns estiramentos.

  • Como imos a estar sentados moito tempo, ten a postura correcta:

    • Mantén as costas rectas e o pescozo en liña con estas.

    • Tenta non estar constantemente mirando cara abaixo.

    • Os ombros relaxados.

    • Busca un estado tranquilidade corporal para afrontar as tarefas.

    • Explora a posición do teu corpo, as veces temos tensións das que non somos conscientes e que dificultan a concentración.

    • Toma conciencia do corpo a través da relaxación e a respiración.

TRABALLO SOBRE UNHA ACTIVIDADE EXCLUSIVAMENTE COOPERATIVA

Recórdase ao alumnado de 4º da ESO, que teñen a posibilidade de entregar o traballo sobre actividades cooperativas. Son 2 puntos nese tema. Amplíase a data ata o 28 de marzo.

O alumnado que non entregou dita actividade é o seguinte:

4ºA

  • Lara Comesaña
  • Abraham Costas
  • Jose Manuel Lomba
  • Breixo Martínez
  • Joaquín Quintás
  • Irene Ratel
  • Sofia Rubio
  • José Saa
  • Oisin Vázquez

4ºB

  • Todos excepto Ivonne Ferreira

PROMOCIÓN DE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES. TAREFA: diario de comidas

Recórdase aos alumnso/as: Ángela Alonso, Lía Castro, Iria Ludeña, Cristian Miniño, Alba Otero (só unha semana) e África Riballo  que teñen que facer chegar ao profesor da materia o diario de comidas que se compremeteron a entregar.

Podedes facer unha foto do diario, se e que o tedes nese formato e remitilo ao correo:

dgayoso2011@gmail.com.

A foto ben clariña, por favor.

PROMOCIÓN DE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES. TAREFA: MEDIMOS O CORPO.

Tedes a tarefa: medicións do corpo en Edixgal.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930