2ºESO

Fase zonal do campionato provincial de orientación

Hoxe, luns 18 de Marzo, o alumnado de 2º da ESO participou na fase zonal do campionato provincial de orientación escolar.

A modalidade de carreira era Score, onde o alumnado tiña que atopar o maior número de balizas no menor tempo posible.

A proba celebrouse en Navia (Vigo), no parque Nelson Mandela.

Participaron moitos centros da zona e o ambiente festivo foi un aliciente para todos.

Esta actividade forma parte do PVAD, Inclúe-T, Convíve-T, Iguála-T.

 

 

Obradoiro "NoEnRedes"

O pasado 19 de outubro, o noso alumnado de 2º de ESO participou no Programa “No enRedes” da Asociación Alborada, adicado á prevención de riscos derivados do uso inadecuado das TRIC (Tecnoloxías da relación, información e comunicación).

O obradoiro impartido no noso centro estivo centrado no bullying, acoso escolar, mensaxes de odio e UNATRIC e tivo como principais obxectivos a identificación dos riscos e vantaxes das TRIC, a adquisición de pautas de conduta para evitar o uso inadecuado das mesmas, e a adquisición e mantemento de comportamentos e hábitos saudables cara ao benestar físico e psicolóxico do noso alumnado.

 

CHARLA AESLEME

Ola:

O alumado de 2º da ESO tivo a ocasión de charlar con Felix, pertencente á asociación AESLEME. O ponente faloulles de educación viaria, prevención de accidentes, pautas de seguridade...

Felix explicou as características das lesións medulares, as súas consecuencias, e de como poden afectar á vida das persoas. Tamén contou a historia do seu accidente e como se recuperou e adaptouse á nova vida.

Proxecto de Estatística sobre a chuvia

Dentro do Proxecto MeteoEscolas, o alumnado de 2º ESO desenvolveu un proxecto na terceira avaliación que consistiu en analizar dende o punto de vista estatístico os días de chuvia en distintas estacións meteorolóxicas próximas ao centro. 

Para a realización da tarefa o alumnado empregou a folla de cálculo LibreOffice Calc, importando os datos descargados dende a páxina de MeteoGalicia. Cada persoa analizou un ano e realizou un conteo do número de días de chuvia mensuais, calculou a media, a mediana e a moda, e elaborou gráficos estatísticos e a táboa de frecuencias.

Nos documentos adxuntos poden consultarse algúns exemplos das tarefas entregadas.

Our Morning Talk Show

During the third term, some of our 2nd of ESO students participated in a new project called “Our Morning Talk Show” This project helped our students improve their vocabulary related to TV Shows. They learnt about American and British talk shows, they analyzed some interviews made to Rosalía or Úrsula Corberó by Jimmy Fallon, they listened to Harry Styles singing songs of his new album with James Corden, trying out some aggressive outfits and working famous lines from "Titanic" and "Notting Hill." Thanks to the assistance of our fellow teacher Bernice, our students were even able to learn about some famous Filipino celebrities like Nadine Lustre and enhance their interviewing skills.

As a final result of the project, they were able to create their own talk show, figuring out they were hosting famous people like Iago Aspas, Angelina Jolie, Brad Pitt, Natalie Portman… Our dear students recorded brilliant videos that included interviews to celebrities, Carpool karaokes, Just Dance Sessions, beauty workshops and even commercials!! We had great fun creating the scripts, recording the videos and watching them all together in class. Congrats guys!! You’ve done an amazing job. I’m really proud of you!

 

 

 

Creación de vídeos stopmotion para explicar matemáticas

O alumnado de 2º de ESO desenvolveu un proxecto de matemáticas consistente en explicar conceptos matemáticos mediante un vídeo stopmotion. A actividade forma parte do proxecto Polos Creativos e para a confección dos vídeos empregáronse as tablets e trípodes que forman parte da dotación material do devandito proxecto.

Os produtos finais pódense visualizar nos arquivos adxuntos a esta publicación, e son os seguintes:

  • Extracción de factor común: Lía, Sara, Lucía R. e Raquel.
  • Identidades notables: Naiara, Aitana, Carolina M. e Carolina L.
  • Cálculo de potencias: Julia, Antía, Uxía e Mario.
  • Signo de potencias de base negativa: Daniela, Leyre, Lucía A. e Lola.
  • Teorema de Pitágoras: temos a versión de Bruno, Benjamín, David e Aarón, e a de Rosana, Xiana, Aitor e Lucas.
  • Valor dunha expresión alxebraica: Catalina, Sarai, Uxía e Lucía S.

Master Chef Junior


 MASTER CHEF JUNIOR

Last term some of our 2nd Eso students participated in a project called “Master Chef Junior”. It was a fantastic project in which we enjoyed both, improving our language skills and learning about other countries' culinary culture. We’ve learned about cooking utensils and procedures from the recipes of famous British chefs like Jamie Oliver.

Thanks to Bernice, our teaching assistant, not only did we discover new Filipino dishes but  also shared our traditional Galician recipes with her. We even learnt about typical Easter dishes around the world!

At the end of the project, we were able to write our own recipes and record a video in English showing how to cook, step by step, some delicious desserts. With all the recipes, we’ve created a cookery book and ,today, we had a wonderful time watching all the videos in class.

I would like to thank Bernice and all the students that participated in the project for their enthusiasm and hard work, and their families for their support. 

We are looking forward to our next project!

 

 

Relación da climatoloxía coa paisaxe

Dentro do proxecto de Meteoescolas, o alumnado de 2º ESO estivo realizando un traballo de investigación na materia de Xeografía e Historia no que tiveron que buscar imaxes sobre os distintos tipos de paisaxes que existen no territorio español, e relacionalos coas características climatolóxicas asociadas a cada tipo, co fin de amosar a influencia do clima sobre as características paisaxísticas.

Para facer este traballo formaron grupos de 4 persoas, nos que crearon unha presentación seguindo as indicacións da Guía da actividade (ver adxunto).

Os mellores traballos aparecen recollidos na documentación adxunta.

 

Aprendo programando: Refugees

O alumnado da asignatura de programación do CPI Cova Terrena traballou o tema dos refuxiados neste segundo trimestre, creando aplicacións como xogos ou historias:

 

Aprendo programando: Refugees

O alumnado de 2º ESO optativa Programación está a participar no Plan Proxecta "Aprendo programando" da Consellería de Educación e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG). A temática fixada pola organización é: Persoas refuxiadas. Neste trimestre están a desenvolver a súa propia aplicación empregando Scratch que xira en torno aos refuxiados como parte tamén da súa formación e avaliación. 

Carreira de orientación

Hoxe, martes 7 de Marzo, o alumnado de 2º da ESO participou no campionato provincial do sur de Pontevedra.

A modalidade de carreira era Score, onde o alumnado tiña que atopar o maior número de balizas no menor tempo posible.

Participaron moitos centros da zona e o ambiente festivo foi un aliciente para todos.

Esta actividade forma parte do PVAD, EduSaúde, Inclúe-T, Concive-T, Iguala-T.

Almorzos saudables

O pasado xoves día 2 de decembro, o alumnado de Promoción de Estilos de Vida Saudables , elaboraron os seus propios almorzos saludables.

mmmmm....que boa pinta!

Andaina polo paseo de Monte Boi

O pasado xoves 10 de novembro, o alumnado de Promoción de Etilos de Vida Saudables realizou unha andaina de 4 km polo paseo de Monte Boi partindo do centro.
 
 

Encontro con Berni Costas

Ola a todos:

O mércores visitou o centro Bernabé Costas (Berni). O alumnado de 2º da ESO e de 3º Ed.Primaria mantivo con el unha charla distendida sobre o baloncesto en cadeira de rodas: as súas peculiaridades, a difusión do deporte, os seus valores...

Berni participou na Olimpada de Londres 2012 e xogou moitos anos ao baloncesto no Barcelona e no AMFIV.

Inmersión Lingüística en León

Xa temos ao noso alumnado de 2ºESO en León no programa de inmersión lingüística en Inglés financiado polo Ministerio de Educación.

O alumnado aproveitou a viaxe para visitar as Médulas en León acompañado das profesoras Dona Xili Valle e Dona Luisa Aldao.

O 7 de novembro de 2022, o alumnado de 2º ESO participante no Programa de Inmersión Lingüística que se desenvolve en Robledo del Fenar (León), comezou a mañá realizando exercicios físicos cuxas instrucións lles eran dadas en inglés, tal e como se amosa no vídeo adxunto. Durante o resto da xornada estiveron facendo varios obradoiros cooperativos, mesturándose co alumnado do outro centro participante, procedente de Pamplona.

Tamén tiveron clase coas profesoras acompañantes do noso centro, Xili Valle e Luísa Aldao, iniciando un proxecto cuxa finalidade é coñecer aos países do mundo anglófono.

O 8 de novembro de 2022, os nosos alumnos e alumnas seguiron traballando no proxecto do centro co que fomos seleccionados para participar no Programa de Inmersión Lingüística, buscando información sobre os seguintes países de lingua inglesa: Australia, Estados Unidos, Canadá, Reino Unido e Irlanda (ver vídeo).

Polas mañás o alumnado sempre leva a cabo exercicios que combinan ximnasia e baile (ver vídeo). Polas noites sempre hai unha actividade diferente: "Icebreaker" para coñecer aos novos compañeiros, "Werewolf" para sobrevivir nun pobo habitado por lobos, "Charades and movies" para adiviñar a película... (ver vídeo) ou unha versión do Factor X para recoñecer e compoñer cancións en inglés (ver vídeo).

O 10 de novembro fomos a visitar as covas de Valporquero (ver vídeo) onde o alumnado da Inmersión Lingüística recibiu unha explicación sobre o proceso de formación destas impresionantes covas. Neste mesmo día tamén finalizaron o proxecto de investigación sobre os países do mundo anglófono, co fin de expoñer de forma oral estes traballos o venres 11 de novembro. E despíndense con bailes tradicionais!!! (vídeo 1) (vídeo 2)

Ademais, o 11 de novembro presentaron ante o alumnado de Pamplona, do IES de Basoko, os seus traballos (ver vídeo), cos que logo tiveron unha noite inesquecible de discoteca (ver vídeo).

En definitiva, foi unha semana de inmersión en Inglés que os deixou esgotados como ben se ve nas imaxes de retorno a casa do 12 de novembro (ver vídeo).

Saída didáctica Tui

O venres 21 de outubro de 2022 o alumnado de 2º ESO visitou a Catedral de Tui, como parte das actividades complementarias da materia de Xeografía e Historia. Durante esta visita, o alumnado puido coñecer a historia deste monumento a través da visualización dos escudos de armas das familias nobres que contribuíron á súa construción, proceso durante o cal estiveron acompañados de dous guías do Museo Diocesano Catedralicio de Tui.

Despois da visita á catedral tamén fixeron un percorrido polo casco histórico, co fin de coñecer a ruta xudía, é dicir, os restos do pasado que conectan Tui coa comunidade de xudeus e xudeoconversos que viviron nela.

No seguinte vídeo pódese ver unha selección das fotografías tomadas durante a visita.

Análise de distintos aspectos da chuvia recollida en Galicia

O alumnado de 2ºESO que aprobou a materia trala 3ª avaliación desenvolveu actividades de ampliación durante o mes de xuño relacionadas co Plan Proxecta MeteoEscolas, no que o centro participa dende hai varios cursos, e co Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística.

 

Desta volta, o mes de xuño aproveitouse para analizar distintas características da chuvia recollida na última década nas sete principais cidades galegas (Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol). O periodo analizado foi do 1 de xaneiro de 2011 ata o 31 de maio de 2022 (con algunha excepción nas cidades nas que non había rexistros tan antigos).

 

 

 

 

Distribuidos en grupos, debían analizar os datos dispoñibles na páxina de MeteoGalicia dunha das cidades e respostar ás seguintes cuestións:

  • Que clima caracteriza a cidade atendendo á precipitación total anual?
  • Cales son os meses nos que chove máis?
  • Como é a chuvia: poucos días pero intensos ou moitos días pouco intensos?
  • Que variación porcentual de chuvia total anual se rexistrou en 2021 con respecto a 2011?
  • Como está sendo 2022? Cal é a variación porcentual mensual de chuvia recollida en 2022 con respecto a 2021?

 

Para a realización da tarefa o alumnado empregou a folla de cálculo LibreOffice Calc, importando os datos descargados dende a páxina de MeteoGalicia. 

 

 

 

 

 

Todo o traballo desenvolveuse en galego, de xeito que o alumnado traballou conceptos científico-matemáticos nesta lingua, deixando a un lado o castelán habitual e demostrando que a ciencia e a tecnoloxía non entende de fronteiras idiomáticas.


Nos documentos adxuntos poden consultarse as instrucións proporcionadas ao alumnado e as cuesións plantexadas, así como algúns exemplos das tarefas entregadas.

Proxecto de tradución ao portugués do alumnado de 2º da ESO

O alumnado de Lingua portuguesa de 2º da ESO estivo a traballar este derradeiro trimestre nun proxecto de tradución. A temática escollida foi o volcado á lingua portuguesa das cartas dalgúns dos restaurantes da contorna para traballarmos, deste xeito, conceptos, léxico e estruturas básicas da lingua.

Velaquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo realizado por todos eles e elas.

 

Última reunión do curso do club de lectura de 2º da ESO

O pasado luns 20 de xuño o club de lectura de 2º da ESO xuntouse para o seu derradeiro encontro deste curso e falarmos do libro Percy Jackson, el ladrón del rayo de Rick Riordan.

Esta historia, que se alimenta da mitoloxía clásica,  enfeitada con grandes doses de comicidade flúe de xeito ameno para nos narrar a vida dun rapaz disléxico que non se sente encaixar en ningures. No seu percurso cara ao autocoñecemento vai encontrando amigos, sumando experiencias e aceptándose.

Mais a historia non estivo exenta de controversia, pois a lectura da obra suscitou tanto apaixonados/as dese mundo máxico como detratores/as das obras de carácter fantástico. Unha boa oportunidade, abofé, para debater sobre as tipoloxías literarias e os gostos persoais de cadaquén.

Até o vindeiro ano!

 

 

 

Análise de distintos aspectos da chuvia recollida en Galicia

O alumnado de 2ºESO que aprobou a materia trala 3ª avaliación desenvolveu actividades de ampliación durante o mes de xuño relacionadas co Plan Proxecta MeteoEscolas, no que o centro participa dende hai varios cursos, e co Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística.

 

Desta volta, o mes de xuño aproveitouse para analizar distintas características da chuvia recollida na última década nas sete principais cidades galegas (Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol). O periodo analizado foi do 1 de xaneiro de 2011 ata o 31 de maio de 2022 (con algunha excepción nas cidades nas que non había rexistros tan antigos).

 

 

 

Distribuidos en grupos, debían analizar os datos dispoñibles na páxina de MeteoGalicia dunha das cidades e respostar ás seguintes cuestións:

  • Que clima caracteriza a cidade atendendo á precipitación total anual?
  • Cales son os meses nos que chove máis?
  • Como é a chuvia: poucos días pero intensos ou moitos días pouco intensos?
  • Que variación porcentual de chuvia total anual se rexistrou en 2021 con respecto a 2011?
  • Como está sendo 2022? Cal é a variación porcentual mensual de chuvia recollida en 2022 con respecto a 2021?

 

Para a realización da tarefa o alumnado empregou a folla de cálculo LibreOffice Calc, importando os datos descargados dende a páxina de MeteoGalicia. 

 

 

 

Todo o traballo desenvolveuse en galego, de xeito que o alumnado traballou conceptos científico-matemáticos nesta lingua, deixando a un lado o castelán habitual e demostrando que a ciencia e a tecnoloxía non entende de fronteiras idiomáticas.


Nos documentos adxuntos poden consultarse as instrucións proporcionadas ao alumnado e as cuesións plantexadas, así como algúns exemplos das tarefas entregadas.

 

 

 

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930