Deportes

UNHA MAÑÁ NA PRAIA

Ola a todos:

Como benvida ao novo curso, o alumnado da ESO acudiu á praia de Santa Marta a pasar a mañá. Todo o grupo agás o alumnado de Belesar desprazáronse a pé desde o centro escolar ata a praia e ao rematar a xornada fixeron o camiño inverso.

Na procura da inclusión de todos os participantes ofreceuse un amplo abano de xogos.

O bar da praia, tras a súa solicitude por parte da dirección do centro, permaneceu aberto a disposición do centro.

Estas foron as actividades propostas:

Actividades tranquilas: cartas, xogos de mesa, petanca, debates filosóficos.

Actividades dinámicas na area: rugby, kinball, voleibol, brilé, ultimate, fútbol, beisbol, palas, spikeball.

Actividades na auga: baño libre, paddle surf e kayak

O propio alumnado baixo a supervisión do profesorado encargouse da organización e xestión dos xogos. Eles mesmos decidiron o grado de implicación, o tipo de actividade e o tempo de xogo.

A participación foi masiva. O alumnado estivo realizando actividade física durante toda a mañá. O número de conflitos durante os xogos foi prácticamente nulo.

Esta actividade forma parte do PVAD (proxecto de vida activa e deportiva), EduSaúde e Inclue-T.

Un saúdo a todos e benvidos a un novo curso

SAÍDA AO ROCÓDROMO DE PONTEVEDRA

Bos días:

O alumnado de 4º da ESO disfrutou o xoves dunha xornada de escalada nas instalacións municipais de Pontevedra (Pavillón multiusos da Xunqueira).

Tras unhas semanas de adestramento sobre o manexo de material, estes alumnos foron quen de desenvolver a actividade con autonomía baixo a supervisión do profesor e a inestimable axuda de César Castro, pai dunha alumna e experto escalador,

A actividade puido levarse a cabo gracias á colaboración do Museo de Pontevedra, a deputación, o IMD (instituto municipal de deportes de Pontevedra) e o club de montañeiros de Pontevedra, que cedeunos o material para dita práctica.

Esta saída forma parte do programa EduSaúde e o PVAD (proxecto de vida activa e deportiva)

A actividade complementouse cunha visita á exposición permanente de Castelao no museo de Pontevedra. As dúas actividades foron organizadas polos departamentos de Lingua Galega e Educación Física.

CHARLA-ENTREVISTA CON MARTÍN DE LA PUENTE

Bos días:

Hoxe, o alumnado de 3º e 4º da ESO puido desfrutar dunha charla-entrevista co tenista Martín de la Puente.

O seu palmarés está cheo de éxitos: 3 veces campión do Mundo junior, 4 veces Campión de España e Olímpico en Río 2016.

Martín adestra no Centro de Alto Rendemento de San Cugat del Vallés, en Barcelona. Alí é donde se prepara para afrontar as Olimpiadas de Tokio deste ano.

Compartiu con nós cousas moi interesantes sobre a modalidade de tenis-cadeira.

Explicounos o regulamento e as súas diferencias co tenis de pé. Sabiades que a pelota pode botar dúas veces?

Alentounos a practicar deporte e transmitiunos unha pasión inquebrantable por unha modalidade do tenis descoñecida para moita xente.

Relatounos como foi a súa loita contra unha enfermidade rara, o síndrome de Proteus, que provoca o crecemento anormal dos ósos. E como a través do esforzo, o apoio da familia e a motivación un pode lograr o que se propoña.

Ánimo Martín, este verán esperamos verte en Tokio representando a España.

Podedes seguir a Martín en Instagram: https://www.instagram.com/martindelapuente/ estará encantado de responder ás vosas preguntas.

 

 

 

 

Estreamos ximnasio!!!

Por fin podemos estrear o ximnasio!!

O centro xa conta cun ximnasio totalmente remozado.

Durante os asolagamentos que sufrimos fai un ano estragouse a tarima, a couza tiña destrozado moito do equipamento e o cheiro a humidade persistía no espazo.

Procedeuse a sanear o piso, substituír a tarima por unha de alta resistencia en sala e vestiarios, saneamento e pintado de paredes e á retirada do equipamento deteriorado, ademais de contar con iluminación led e novas ventás colocadas durante as tarefas de rehabilitación do centro.

Agora contamos cun espazo amplo e saneado grazas á colaboración do centro e do Concello de Baiona.

Estamos desexando ver ao noso alumnado gozando de este espazo!!

 

CARTEIS DE PROMOCIÓN DA SAÚDE

ESTOS SON OS CARTEIS SELECCIONADOS PARA PROMOVER A ACTIVIDADE FÍSICA E A DIETA SAUDABLE.

OS/AS ARTISTAS SON O ALUMNADO DA MATERIA DE PROMOCIÓN DE ESTILOS SAUDABLES.

O ENCERRO PASA FACTURA

 

Bos días:

A situación de confinamento está cambiando os nosos hábitos alimenticios. Estamos mercando moitos produtos procesados (pizzas, galletas, preparados, bebidas enerxéticas, bollería...). Son alimentos pouco nutritivos (calorías baleiras) con unha grande cantidade de aditivos, graxas, aceites refinados, sal e azucre. Nunha dieta san teñen que ser a excepción e non a regra.

Ademais da mala alimentación, súmase a ausencia de exercicio físico, as horas diante das pantallas, o medo ou o aburrimento. Todo iso configura o caldo de cultivo perfecto para disparar a báscula e elevar, máis se cabe, as cifras de exceso de peso.

Seguir lendo: https://elpais.com/sociedad/2020-04-13/el-encierro-pasa-factura-en-la-bascula.html

Estes días están xurdindo numerosas iniciativas para combater o sedentarismo con actividades adaptadas aos nosos fogares. Podemos encontrar nas redes sociais ou en youtube unha grande cantidade de ofertas: baile, retos físicos, tabatas, hiits...

A outra cara da moeda do sedentarismo e a alimentación. A mellor maneira de combatela e a información:

https://realfooding.com/articulo/que-es-comida-real/

https://www.sinazucar.org/

Lembra que os dous piares fundamentais sobre os que se asenta a saúde son: a boa alimentación e o exercicio físico.

 

 

 

MARATHON NA CASA

Estes días estamos vendo como as nosas actitudes teñen repercusións en toda a comunidade.

O centro educativo non é unha excepción. O profesorado esfórzase por seguir facendo o seu traballo. Moito alumnado conseguiu adaptarse e traballa, enviando tarefas, exercicios, conectándose a videoconferencias...

Temos a xente que vai máis aló, e desinteresadamente propón imaxinativas actividades para todos.

Unha alumna de 1º da ESO envioume unha actividade moi divertida.

Desde o mundo virtual dámoslle as gracias a esta nena.

O marathon en casa é un xogo no que mézclanse todas as materias en trabállanse moitas habilidades.

Está especialmente recomendado para o alumnado de primaria, ainda que calquera pode participar.

 

Adxúntovos o arquivo.

 

ESTIRA NA CASA

 

Estes días pasamos moito tempo inactivos e o corpo reséntese. O mantemento dunha mesma postura causa tensións musculares, molestias e ata dores articulares.

  • POR QUE DEBERÍAMOS FACER EXERCICIOS DE FLEXIBILIDADE?

Contribúen ao benestar físico e psicolóxico.

Melloran a postura corporal.

Incrementan a mobilidade e o rendemento físico.

Evitamos lesións.

Melloran a conciencia e o control corporal.

  • CANDO FACELOS?

Cada corenta ou cincuenta minutos, levántate e estira.

Podemos facer estes exercicios en calquera momento:

Aproveita os descansos do estudo.

Faino ao espertar.

Na volta á calma tras un exercicio máis intenso.

Nunha sesión específica de flexibilidade...

  • COMO FACELOS

Fai movementos controlados, suaves e moi progresivos, verás que o músculo adáptase. Pouco a pouco no mesmo día vai gañando flexibilidade.

Mantén a postura durante ao menos 5 segundos.

Explora as posibilidades de cada articulación. Hai algunhas como o ombro ou a cadeira que teñen moita liberdade de movementos, outras non tanto.

 

Articulación da cadeira.                                 Articulación do cóbado.            

É como unha semiesfera.                   So ten unha posibilidade de movemento                 

Pode moverse cara a todos os lados

                                                     

                 

Non sofras, so tes que notar a tensión muscular e controlala.

Se é unha sesión específica de flexibilidade podemos traballar máis a fondo, e aumentar pouco a pouco o ángulo da articulación.

Busca un lugar e un momento de tranquilidade e relaxación.

Recorda,busca a adaptación do exercicio a ti mesmo/a e non ao revés.

Se tedes compañía na casa, podedes traballar xuntos a flexibilidade.

  • QUE PARTES DO CORPO TRABALLO?

Non te adiques só a un grupo muscular.

Traballa todas as partes.

  • QUE EXERCICIOS FACER?

Podes estirar todos os músculos do corpo.

Hai moitos exercicios que facer, cada día proba uns diferentes, non te quedes sempre nos mesmos.

Se fixeches unha sesión de forza, céntrate nas zonas musculares que traballaches.

 

ESTIRAMENTOS DOS MEMBROS INFERIORES

 Enlaces de interés

https://www.youtube.com/watch?v=YQQfhILVR7c

https://www.youtube.com/watch?v=txsha7BIlDo

ORIXINAL RECOMENDACIÓN DUNHA ALUMNA E OUTRAS PROPOSTAS DE EXERCICIO

 

PÓDESE XOGAR Á OCA E FACER EXERCICIO?

Bos días:

Durante estas semanas chéganme multiples ideas de actividade física na casa:

  • Temos a moitos alumnos e algúnha profesora facendo tábatas (series de exercicios moi intensos e con pouco descanso).
  • Tamén hai os que fan hiits (exercicios de baixa intensidade combinados con exercicios de alta intensidade).
  • Alumnado que corre pola casa.
  • Algunha alumna que adestra a baloncesto.
  • Outros/as que fan parkour.
  • Hai quen salta na cama elástica.
  • Unha alumna que sigue unha aplicación:"Rutinas de entrenamiento en casa".
  • Xente que traballa con bandas elásticas.
  • Temos os que teñen a TRX  amarrada a unha porta.
  • Os afortunados que teñen bici estática ou cinta de correr.
  • Algún profesor con elíptica na casa.
  • Ou os máis afortunados que corren pola finca.
  • Os hai que fan os diferrentes retos do papel hixiénico.
  • Ou o reto de dar a volta á silla ou á mesa sen tocar o chan (coidado cos mobles!).
  • Hai algunha que ten rodillo para montar en bicicleta na casa.
  • Xente que fai as labores da casa ou da finca.
  • Os que bailan en familia.
  • Algunha que fai pesas coas botellas da auga.
  • Outra que fai ximnasia e xa fai o pino.
  • E outra para mellorar a resistencia aeróbica sube e baixa escaleiras.
  • Temos unha alumna que vendo que este ano non hai olimpiadas, organizouse uns Xogos Olímpicos na casa.
  • E como colofón unha alumna proponnos xogar á OCA.
  • As ideas que aportedes as iremos colocando aquí.

         ADXUNTO O XOGO PARA QUE PODADES DESCARGALO.

           XOGADE EN FAMILIA, EN REDE, SÓS...

 

 

TORNEO DE XADREZ

 

 

Bos días:

Estamos organizando un torneo de xadrez virtual.

Se queres participar apúntate aqui e solicita formar parte do grupo:

Para rexistrarte como usuario, escribe primeiro CT (Cova Terreña), o voso nome, apelido e curso.

Por exemplo: CTdavidgayoso1

Tedes que aceptar as normas do torneo:

  • Compromiso de non recibir apoio externo, nin de persoas, nin do ordenador
  • Ser respectuoso co/as outros/as xogadores/as
  • Non crear múltiplies contas
  • Seguir as normas da páxina web

No foro iremos publicando os emparellamentos cando estedes apuntados

Animádevos a xogar

 
 

QUE EXERCICIOS ESTÁS A FACER NA CASA?

Bos días:

Cóntame unha alumna de 3º que para facer exercicio, ela corre pola casa, di que cada día fai entre 5 e 6 quilómetros. E que agora está colléndolle o gusto ao runnning.

Outro alumno de 1º dime que usa os mobles da casa para facer exercicio, flexións debaixo da mesa, pasavallas apoiándose nunha cadeira...

Dúas alumnas de 2º están inventando uns pasos de baile, e cando se volvan a atopar farán a coreografía xuntas.

E ti? que estás a facer na casa?

Podes mandar as túas ideas ou suxestións, seguro que terá utilidade para alguén.

Manda o que estas a facer a: dgayoso2011@gmail.com.

Diremos o pecado pero non o pecador/a (non publicaremos o teu nome)

Ánimo.

MELLORA A POSTURA CORPORAL

 

RECOMENDACIÓNS DE ACTIVIDADES PARA PASAR A

CORENTENA

Estes días pasamos moito tempo inactivos e o corpo reséntese. As posturas estáticas durante períodos prolongados causan dores articulares e tensións musculares.

  • Non pases moito tempo seguido na mesma posición.

  • Cada corenta ou cincuenta minutos tómate un respiro, levántate, deambula un pouco pola casa, asómate á fiestra, fai algo de mobilidade articular ou algúns estiramentos.

  • Como imos a estar sentados moito tempo, ten a postura correcta:

    • Mantén as costas rectas e o pescozo en liña con estas.

    • Tenta non estar constantemente mirando cara abaixo.

    • Os ombros relaxados.

    • Busca un estado tranquilidade corporal para afrontar as tarefas.

    • Explora a posición do teu corpo, as veces temos tensións das que non somos conscientes e que dificultan a concentración.

    • Toma conciencia do corpo a través da relaxación e a respiración.

POR QUE DEBEMOS FACER EXERCICIO DURANTE A CORENTENA?

 

         Saímos da casa, baixamos polas escaleiras, cruzamos a rúa, imos o colexio, cambiamos de clase, saímos ao recreo, compramos o pan... Son algunhas das accións diarias que facíamos habitualmente. Pouca xente clasificaba, antes da corentena, estas rutinas como exercicio físico.

          No día a día realizamos moitos desprazamentos, que agora polas circunstancias actuais, reducíronse na maior parte dos casos aos límites da vivenda.

“Pasar 15 días sen moverte da casa non é o mesmo que pasalos en casa sen moverte. Na situación de corentena actual, o primeiro pode salvar a túa vida e a doutras persoas, o segundo é definitivamente malo para a saúde.

Segundo un estudo da Universidade de Liverpool, en Reino Unido, dúas semanas de inactividade física total (1.500 pasos e 36 minutos de movemento, o que leva facer algunhas tarefas domésticas) producen unha perda media de 0,36 quilos de masa musculoesquelética en todo o corpo. A diminución muscular media é de 0,21 quilos só nas pernas.

 Os científicos que levaron a cabo a investigación tamén apreciaron unha redución da capacidade aeróbica, un aumento da masa graxa, sobre todo no perímetro abdominal, e cambios metabólicos relacionados coas enfermidades cardiovasculares e a diabetes. Se optas por non moverte, seguramente saias da corentena peor que cando a comezaches. Pero evitalo é sinxelo.

Sigue lendo: https://elpais.com/elpais/2020/03/21/buenavida/1584772174_455933.html

EXPLORACIÓN DAS EMOCIÓNS A TRAVÉS DO MOVEMENTO

EXPLORACIÓN DAS EMOCIÓNS A TRAVÉS DA EDUCACIÓN FÍSICA

Neste vídeo o profesor de educación física Andrés Izquierdo propón actividades alternativas para estes días:

  • Exploración da contorna

  • Escóndete ao revés

  • Exploración do ritmo interno

https://www.youtube.com/watch?v=Vf0BDgmF_VI

Xornada de Loita Olímpica

O alumnado de 4º Ed.Primaria disfrutou dunha xornada de Loita olímpica xunto ao alumnado do mesmo curso dos outros centros do concello. Previamente recibiran un obradoiro de loita olímpica no centro a cargo do monitor Juan, do clube de loita olímpica de Sabarís.

OS RECREOS EN MOVEMENTO

O grupo de responsables de patio xa empezou a dinamizar os mesmos, pasarán polas aulas para informarvos das posibilidades de moverse no patio.

Propoñemos UN RETO MENSUAL. Ser capaces de saltar con dúas cordas.

Se queres aprender mira clicando AQUÍ

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031